Volver a Vieiros

Namorados

Enviado por danubioazul o día 04.03.2008

Espímonos un ao outro silenzosamente, descorrendo cremalleras, desabotoando, desfacendo lazos. Quedaron fronte a fronte os nosos corpos nus. Toda a miña pel se transmutou nunha rede de carreiros de formigas converxentes no centro do meu pube. Debecía loucamente por ti. Estendín os brazos na procura do teu van. Cos meus beizos abrín os teus. Ensambláronse con forza os nosos formigueiros e sentín nas mans donduras de nádegas entregadas. Caemos vagarosamente sobre o leito e detívose o tempo baixo aquelas sabas brancas. Estábamos namorados.

2.25/5 (16 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede