Volver a Vieiros

Núo

Enviado por Chela o día 04.03.2008

Abro os ollos, núo, brancas sabas arrodean meu corpo. Báñame a doce suor, gosto dela e da imaxe que a provocou. A noite entra polas amplas fiestras da habitación. Érgome, achégome á escuridade e frego o meu corpo contra o vidro, gozo da frescura transparente, da noite pecha, e da visión da rúa en soidade. Préndese luz lene nunha habitación de tres fiestras. Ela dáme as costas, abre unha maleta, íspese, a seda vermella bica o seu corpo...Uns centímetros afástanme do cristal embafado.

1.56/5 (9 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede