Volver a Vieiros

Xélido camastro

Enviado por Talieiro o día 05.03.2008

Firme na breve caricia de metal da súa man. Sobre os teus seos firmes, os seus anhelos que agardan todo o que existe: ruptura, tebra, anguria. No paso das feridas que che quebran a boca intacta, fogueira de pétalos, sangue e esquecemento. Noutra pel, onde a túa bunda levanta o voo incansable do insecto; na cintura, nas pernas e na árbore da vida; el crea, canta e engana a unha extensa fraga de inmensas bágoas e voces.
Porque entre ti e el abriuse un tempo, novo, descoñecido, aínda sen rostro, medrando ata o límite do propio corpo.

2.31/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede