Volver a Vieiros

Perversión radiofónica

Enviado por tusitala o día 06.03.2008

Era sintonizar o dial mañanceiro daquel predicador apocalíptico e reaccionario e sentir como as súas conviccións nacionalistas de esquerdas cedían paso a un molesto proído na entreperna, a unha convulsa e irresistible inchazón que ía medrando baixo o influxo maléfico daquela lingua cínica e corrosiva, e de súpeto o piroliño adurmiñado florecía en caralla arreite e xa non había outro remedio que arrimarse a calquera cuneta e darlle un meneo á mangueira ata que cichaba un prebe velenoso e pervertido, verdoso e españolista.

1.91/5 (11 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede