Volver a Vieiros

Remexendo nas bragas

Enviado por XOANPOE o día 06.03.2008

Un forte ruído espertoume, e unha luz cegadora invadiu a miña habitación. De súpeto, vinme espido, fráxil, desvalido. Unha estraña sensación empezouse a apoderar da miña. Cada vez estaba máis quente, e empecei a suar. Estaba mollado, empapado en suor. E sen previo aviso, algo me golpeou con forza, sacudíndome. O máis estraño, é que sentín moitísimo pracer. Serei masoca?. Ai, os perigos de ser clitoris.

2.65/5 (17 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede