Volver a Vieiros

A MÍSTICA

Enviado por pepedefaxin o día 08.03.2008

-Non sei o que me pasa? Sempre que confeso con vostede teño unha ledicia infinda, noto coma unha forte opresión no peito e, asemade, sinto un formigar lene que comeza polos xeonllos e vai subindo... subindo polas coxas, cada vez mais forte e pracenteiro, que me fai ferve-lo corpo ata perde-lo senso.
O crego, guapo e bo mozo, non puido resisti-la tentación de coñecer a dona da ardente papuxa e, curioso, asomou a testa fóra do armario. Ao ver unha vella noxenta, axeonllada, diagnosticou rápido: ¡elle reuma, señora, elle reuma...!

2.25/5 (8 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede