Volver a Vieiros

O PRIMEIRO BICO,VÓLVETE PERICO

Enviado por pepedefaxin o día 08.03.2008

Quén non sente saudade ao lembra-lo primeiro bico? O mocete tiña trincada polo talle á rapariga de abondosa espeteira e carnosos labios que, insinuantes, se entreabrían coma pétalos dunha papoula a punto de abrollar. Embargado pola emoción e sabedor do dito “bicos e apertas, pernas abertas,” pechou os ollos e, coa respiración contida, achegou a súa faciana á da beleza, disposto a saborea-lo seu primeiro grande bico.
Unha inesperada bafarada a allo azoutou o seu rostro: ¡Aqueles vermellos beizos estaban adobados!

1.7/5 (10 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede