Volver a Vieiros

oco

Enviado por opia o día 08.03.2008

Cando penetres neste texto nós xa teremos marchado. Ves? O oco prateado do colchón evidencia o peso das palabras que non chegaron a dicirse, que axexaron dende o fondo gutural da gorxa ata a punta da lingua como negras formigas quentes e percorrérona arriba e abaixo, semellantes a comas, efes, haches suspiradas, a uves con dúas patas violentas voltas do revés, a puntos suspensivos, a parénteses nos que sacar a cabeza e tomar alento para mergullar de novo en nomes que non chegarán a coagular, xamais, que escoarán polo o de oco. Polo o de oco ata pechar

2.22/5 (9 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede