Volver a Vieiros

Manteiga

Enviado por saladina o día 09.03.2008

Bea fervía toda e non se puido conterse; retirou un nada a braga e buscou a furto a petrina prometedora. Mi madriña! Nunca vira tal! Aquilo medraba, coma se estivese a inflar. E termou desa escultura tesa, non tanto para conter a medra, como para apagar a lava interior que a queimaba. E cravouna no seu volcán, pero o lume era á cada volta maior. Os peitos deron en pingar manteiga, o corpo esfolábase en líquidos, e Bea, para fixar as feridas tolas do desexo, xa só puido rabuñar coas unllas mórbidas a pel contraria. Despois derreteuse toda.

2.17/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede