Volver a Vieiros

Dous maquis no inverno

Enviado por garatuxa o día 12.02.2008

Preme, presiona, pretas. Están pretas. Ízate, erízate, guerra. Isto é a guerra. Fai que a túa metralla faisque arreite na miña lareira. Dalle lume, mete a acha.

Marexada, forte marexada, estoupas, estouro, estalas, rebento.

Descansas no leito das miñas montañas desgastadas polo teu desxeo. Eu non descanso. Alza o mastil, velaí voltan o frescallo e a treboada. Andamos no inverno, zurríchame sobre mollado.

2.64/5 (33 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede