Volver a Vieiros

Confidencias

Enviado por frenchchou o día 10.03.2008

Disme que che fale das miñas fantasías, cun ton de veludo que non permite respostas tibias, como dicir que te soño bailando en roupa interior. Así que improviso ideas de alto voltaxe manido: unha orxía caseira, escenas de nove semanas e media, a éxtase nas escaleiras mecánicas de El Corte Inglés.
Divírtete escoitarme.
-E ti?, pregunto.
Murmúrasme ao oído perversidades horribles. Asústame como te recreas na repugnancia e penso en fuxir. Pero os pés non responden e noto que o corazón se acelera ao ritmo desaxustado do desexo.
-E iso... pode ser?

2.91/5 (11 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede