Volver a Vieiros

Instantánea

Enviado por polboafeira o día 11.03.2008

Abeirado detrás da pequena xanela, abesullaba o abalar das aréolas do teu peito coma acios pendurados de videiras agatuñdas nos combarros. Eslumecería por abirtar a miña fervenza cara a túa orografía, pero aquela mirada esvaída, bañada por un solpor estantío, agoiraba que dentro da túa chambra non habería larganza para min. Canto daría por terte arrebuñada entre sabas comigo, recamando a miña epiderme con arabescos dos teus dedos e sentindo a miña dureza na túa brandura, mentres a cantinela do tráfico se eslúe no balbordo cercano da praia!

2.33/5 (3 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede