Volver a Vieiros

Famenta

Enviado por Evinchi o día 13.02.2008

Dame as curvas, os priegues e a túa pel. Dame esos ollos famentos e a túa sede. Abrígame ca túa alma e sálvame ca túa mirada. Almorzame ou céame, pero sempre meréndame. Castígame cas túas ansias, pérdeme cos teus bicos, róbame o meu xemir e fúndete a través de min.

Unha hora, dous minutos, non me importa, pero trágame, dixiéreme e vomítame de novo o mundo cunha pel doutra cor.

3.02/5 (208 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede