Volver a Vieiros

As horas

Enviado por alberte o día 13.02.2008

Levaba as horas cinguidas ao corpo húmido da espera. Deixeime esvarar até o final da cadeira, arqueando lixeiramente a columna. Souben verme submiso, entre as miñas pernas abertas, e souben de ti, ollando de esguello as apreixadas formas das miñas coxas contra o tecido elástico do pantalón. Preguntáchesme pola experiencia profesional, e incorporándome levemente arrastrei os brazos sobre a mesa que nos separaba, achegando con sutileza as miñas contra as túas mans, e erguín a mirada, finxindo un sorriso cómplice, antes de preguntar polo escusado

2.63/5 (41 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede