Volver a Vieiros

Amantes

Enviado por Chousa o día 13.02.2008

E no medio do prado dous amantes esconden reciprocamente os seus pudores nun abrazo vertical, profundo, lascivo e perenne. Se miras, ata podes ver o vaivén da sua paixón...
De maneira sensual entrelazan os seus dedos elevados cara as nubes preñadas de auga que seguirá regando o seu desexo. O enrabietado aire do nordés pon a melodía a este cadro, zoando entre as xestas, erguendo as follas, musitando notas e acordes que esbaran no pentagrama cóncavo da cúpula celeste.
Se sintes, ata podes percibir como gozan no seu estático

2.8/5 (41 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede