Volver a Vieiros

espertar

Enviado por maxes o día 13.02.2008

As augas corrían polo delta do meu sexo. Ondas de escuma de mar e semen. Movemento. Mortos de pracer, inmersos en obscenas mareas, vivíamos orgasmos de animais salvaxes, coma bestas, dragóns de lume fervendo, derretidos coma cera. Gustábanos facelo ao espertar. Tiñamos fame de bicos e comíamos pel e beizos. Tiñamos sede de amor e facíamolo con desexo. Amarnos era o único alimento. Sexo que alimentaba a nosa existencia, sabores novos en cada xesto. Entón, comía bicos para o almorzo. Fame. Agora, bebo bágoas pola túa ausencia. Sede. Ao espertar.

2.71/5 (62 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede