Volver a Vieiros

EU

Enviado por Torreira o día 11.02.2008

Onte pensei en ti, ao chegar a casa despois da batalla estéril con aqueles que non teñen ollos nin orellas. Pensei nas túas pernas, nos traxes curtos que pintas de chularía, nos teus peitos que disparan interrogantes, nos xogos de mesa e na boca sen lingua que emprestas. Foi entón cando desexei un Kit Kat co teu corpo , tres bicos a conta, unha conversa curta...e tiven melancolía, unha ledicia debaixo do pantalón e gañas de seguir pensando en ti.
Na túa ausencia xogo,egoistamente, coa túa lembranza, ”guerrilleira do Vietcom"

3.01/5 (219 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede