Volver a Vieiros

Ferida de ganas

Enviado por Fadanuska o día 15.02.2008

Cada día estás en min sen o saber, eres meu prisioneiro, meu escravo; eu, a túa cárcere. Teu amor, teu desexo non son nada ao meu abeiro, a calor que me atrapa na túa presencia non é queimadura do inferno, é ferida de ganas, ganas de ti. Esvara as túas mans polo meu corpo, moldéame, faime túa, dáme formas que conteñan pracer, sen recatos, sen pudores, coa simpleza do querer e a urxencia do desexo.

2.75/5 (57 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede