Volver a Vieiros

Areameán

Enviado por lavesedo o día 15.02.2008

Na praia. Areameán. No medio da area. Na área do medio, procúrote. Lámbote co vagar que só a calor e o haxix nos saben dar. Mergúllome na túa mornura, trábote con dozura nos papos, chucho amodiño da túa caralla, vou e veño, afundo a lingua na túa cova ou belisco inocente as mamilas mouras que o sol non dá amolecido. Vou e veño, igual ca o mar. E cando volto descubro recunchos e abráiome e dedícolles atención de urxencia. E paseniño, co devalo do día, a suor mestúrase co placer. Na praia. Na praia do medio. No medio da area. Areameán.

2.52/5 (23 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede