Volver a Vieiros

Pé no conto

Enviado por sun-iou-miou o día 17.02.2008

Ao primeiro fíxolle as beiras. Logo xa andaba coma un can tras ela, negro o día enteiro e a noite coma un burro, longa noite de pedra... mentres ela brincaba, amolecendo por dentro. El rozouna co trangallo, ela recuou a fumegar cara ao baño, entrou nun retrete e el atrás. Ela xemía baixo o son amortecido da música: férrama, chúzama, espétama. El debruzou a boca sobre a paxara papuda, lambeulla ata que gritou incontrolada. Cando a policía meteu pé no conto non lles quedou outra que mandar cadansúa gaiola no caldeiro para matar a fame.

2.63/5 (38 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede