Volver a Vieiros

Funk ou soul?

Enviado por Talieiro o día 24.03.2009

Dúbido que existira aquela noite un vestido tan fermoso coma o teu. Tampouco creo que os meus ollos sucumbiran adoecidos ante a visión duns ombreiros escasamente descubertos. Sentado e cuberto por unha inocente preguiza etílica soñei coas miñas estremidades levándote en rítmica perfección polos sendeiros marmóreos do subconscente.
Cando te solto da man e xiras. Cando te recollo da distancia estudiada do teu credo de seducción, todo o que non posúe nome en min torna en grata composición. Na ritma fácil desta canción permanecemos quedos cos corpos soldados por un intre puro de intuición.
[Que máis che podería ofrecer?] Ti e eu neste "hot space"...funk ou soul?

2,88/5 (33 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede