Volver a Vieiros

O M

Enviado por requente o día 15.03.2009

Levo anos enchendo o diario de frases curtas, como se fose unha axenda de feitos pasados: excelente o branco do xantar, gustaríame saber máis da cara fermosa coa que batín no bus. Cousas así.
Unha tarde encontrei a miña parella lendo este meu diario. Nin me deu tempo a reaccionar. Preguntoume súpeto que significaban aqueles M que ocupaban, solitarios, liñas enteiras do diario. Nin lle contestei. Arrinqueille das mans o meu caderno de tapas duras e refuxieime no cuarto de baño.
Escribín, despois do último punto: M. M de masturbación. E masturbeime con rabia, a imaxinar coma sempre os ollos, a boca, o corpo, o sexo húmido de quen está a ler estas liñas.


2,31/5 (13 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.