Volver a Vieiros

Das túas mamilas

Enviado por Leda o día 18.03.2009

As túas mamilas na miña boca aberta e os beizos quentes... Quente a materia que enxendra o membro viril e que se funde na rixidez cóncava do cuarto crecente, que arde de ansias doentes, que cuspe e que pinga en min.

As túas mamilas atravesándome o pelexo, ceibes, monte adentro, bravías e escandalosas chuchonas por entre os pétalos da miña frol, remexéndome, perforándome, rabuñándome a esencia toda e roendo en min.

As túas mamilas vólvenme tolo, nena, cando repuntan baixo o blusón e ergues a saia.


2,62/5 (26 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.