Volver a Vieiros

Resaca

Enviado por Torreira o día 22.03.2009

Esperto na compaña da resaca e o teu corpo espido que marcan ritmos noctámbulos catalizados por unha base de alcohol e neon.Os excesos cursan facturas de suores fríos e arritmias que combato reclamando a morfeo cunha instancia no Alka Seltzer e outra nas túas costas.Non lembro o teu nome mais si como te moves así que,unha vez asumida a derrota do día despois,pendúrome dos teus peitos iniciando un descenso controlado á fronteira das túas pernas. Xa instalado,hidrato a miña lingua cartón agochado debaixo do edredón e , unha vez incentivado polas túas mans na miña caluga,deíxome levar mantendo o ritmo e a fame mentres penso,”hoxe querida,todo en ti me sabe a London Gin”.


2.89/5 (65 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.