Volver a Vieiros

Praceres esquecidos

Enviado por faia o día 24.03.2009

Ela núa, espida de pudores, erguida e firme cal deusa de alabastro, acepta agora a embestida dos seus ollos.
Tremores de lembranzas xa vividas con respostas a premuras noutro tempo, traizoan humidades no seu corpo.
Peitos enchidos con caricias doutras mans, estalos de praceres esquecidos, beixos de lume nunha pel febril.
Compases de cadeiras que se enlazan con notas luxuriosas de pracer.
Latexos con berros afogados no leito lubricado do desexo.
Bocas sedentas que beben o zume doce da paixón...


2.88/5 (52 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.