Volver a Vieiros

Boneca

Enviado por Picara o día 27.03.2009

Lentamente esvara entre as miñas coxas a seda vermella que cubre un leito de encarga. Íspestes fronte a min mentres te acercas e tócasme da mesma forma na que o facías nos meus soños. Os teus brazos indecisos pero fortes arrástranme e o teu torso nú sobre o meu peito obrígame a deitarme na cama. Bloqueas os meus movementos co teu peso, pecho os ollos e déixome levar…

A desexada humidade da túa boca esvara sensualmente nos meus beizos e un primeiro xemido escápase da miña gorxa. Síntome paralizada, mareada. Tan só podo ficar queda agardando a que des o seguinte paso mentres os meus músculos se tensan e a miña respiración se acelera. Coma unha boneca baixo o teu corpo…


2,22/5 (9 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.