Volver a Vieiros

fico contigo

Enviado por pieiro o día 06.04.2009

Pra terte e reterte gaveo ispido a abelaira
do teu corpo albo
bebo viño de grolo longo en cunca branca
na uve recuncho de augas mainas

Por onde as ponlas máis dobregan
abalo no teu van nas pernas e nas nádegas
surpo a vida e a terra e a lus na tua boca
de mel de risa e de laranxa

arrinco deuses novos e voume con eles
a un mar en abraio de brincos e xemidos
premo chuchameles
voume aos outeiros do visgo
voume con todo vastevou e contigo fico


2.88/5 (24 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.