Volver a Vieiros

Fantasía oral

Enviado por Emacc o día 08.04.2009

E ela quen chamou. “Meu marido vai visitar á nai, se ves tomar un café”. Falamos del.
Di que aburre co sexo, que está cansa da cama e de abri-las pernas sen paixón. Quer sexo na praia, que lle busquen o orgasmo ca lingua e o pracer de poder ser descuberta nun lugar público. Fala de fantasías que el nunca aceptará e na miña cabeza son eu quen a ata, quen para o ascensor ou séguea ó baño do café.
Noto o pantalón tenso baixo a mesa. Estou abafado, como pode non notalo ela? Cóllo a súa man, a miña voz treme, "Mira, estasme volvendo tolo, imos co coche a un lugar tranquilo e non te preocupes... que todo iso xa cho fago eu".
Pero dubido un segundo, un só, e en realidade aínda non falei.


2.9/5 (42 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.