Volver a Vieiros

Repenique de campás

Enviado por bela o día 14.04.2009

Palabras ditas ao oído, sons lenes que esvaran entre os beizos. Un non sei que que me invade. O teu alento, doce e húmido, na miña caluga. Palabras non pronunciadas, palabras ditas só para min. Alentos que se tornan un, xemidos que fuxen pisándose os uns aos outros, beizos que se buscan, linguas que se agariman, corpos que se tocan.
Repenique de campás. Hoxe tocan a gloria.


2.44/5 (9 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.