Volver a Vieiros

NON O ESPERABA

Enviado por Bisbarra o día 15.04.2009

Comezou polos carrelos con inocencia adolescente e sentiu o agradábel contraste da temperatura da crema e dos raios de sol.
Non se detivo, acariñou con suavidade o límite da costura do meu bikini e sentouse a altura dos xeonllos.
Non o esperaba. Apartou con coidadiño un chisco de tela e lindou o clítoris. A miña respiración foi sinónimo dun si. Volveu aos cadrís e paseniñamente atopou os berros da miña palpitación xenital.
Morría por liba-los seus peitos abondosos. O seu dedo xiraba engordiño. Ficou dentro un intre e sentiu o meu lume; debuxou unha, dúas, tres circunferencias e deitouse sobre o meu lombo para compartir a nosa primeira experiencia lésbica.


2.84/5 (19 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.