Volver a Vieiros

NO PUNTO DE EBULICIÓN

Enviado por Bisbarra o día 15.04.2009

Fiteina como se puidera comela enteiriña. Xireina coa man no sentido das agullas do reloxo e medraron as miñas ansias de máis. Comprobei a humidade do buraco e xirei desta vez noutro sentido.
A fervor fixo que a meirande parte do fluído manara a modiño e aquilo excitábame inda máis. Adoecía por abrangue-lo sabor orgásmico do instante ao tempo que cheiraba o líquido que mesmo burbullía no límite do éxtase.
Qué ben senta un café pola mañanciña.


2.69/5 (16 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.