Volver a Vieiros

O baño de Roi

Enviado por olivetti o día 23.02.2008

Inmerso na bañeira, Roi pensa en Bea a morder no Xan, a falarlle nesa lingua inventada que ela non chama gíglico porque nunca quixo ler Cortázar, o bonito sorriso que un día lle partiu o peito transformado en tigre e o tigre en canino ou incisivo, e o incisivo en Xan, en pescozo-Xan, en teta-Xan, en pirola-Xan xa trasmudada en maré-Bea, en plumas-Bea, en ás-Bea a elevarse, facéndoa traspasar paredes, até chegar ao pé da bañeira morna onde Roi tenta, por un intre, masturbarse antes de que todo o sangue lle escape pola fenda aberta coa gillette.


2.95/5 (80 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.