"Quero ratificar a miña decisión de que as primeiras actuacións do novo Goberno se encamiñen a acadar un acordo polo emprego cos interlocutores sociais", subliñou Emilio Pérez Touriño esta mesma semana. "É necesario un goberno cun proxecto político que crea nos emprendedores e se centre na política social e o emprego", vén de dicir Anxo Quintana. Hai coincidencia en PSdeG e BNG en poñer coma prioridade do acordo de coalición o pacto a prol do emprego e a revitalización económica de Galiza.
[29/06/2005 11:07] "O Bloque Nacionalista Galego está na mesma disposición que o Partido Socialista para chegar a un acordo que nos permita ofrecerlle a Galiza o que nas urnas nos pediron: un goberno de cambio, estábel e eficiente". Así resumiu o secreatario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, o seu contacto inicial co voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, ao respecto da conformación do próximo goberno. Os dous líderes defiirán este mércores os interlocutores que por cada parte levarán o diálogo e a forma e os prazos en que se procederá.
Novos azos e busca de consensos para o Parlamento que vén
[29/06/2005 10:03] Fraga (PP), Pontón (BNG) e Lage (PSdeG), o deputado máis vello e os máis novos, protagonizarían, coma integrantes da chamada "mesa de idade" o inicio do proceso que rematará coa constitución do novo Parlamento e que debería dar lugar á investidura de Touriño coma presidente antes que remate o mes de xullo e a conformación do novo goberno de PSdeG e BNG durante a primeira semana de agosto.
A saída dos cargos de confianza
[29/06/2005 12:00] Sen que haxa datos oficiais dende a
Xunta nin dende as organizacións sindicais cada un fai os seus cálculos e a cifra de altos cargos de confianza e funcionarios de libre designación que comezarán a abandoar a administración e as empresas que dependen dela achégase ás 2.000 persoas.
Fraga desbota impugnar o proceso de escrutinio