Vieiros
  G2005

PODER GALEGO
OS PARTIDOS
OS PROGRAMAS
OS LÍDERES
A MAN

 

bng

BNG

Salienta a utilización dun primeirísimo plano do candidato, subliñando, igual que no caso do candidato socialista, a expresividade dos seus ollos e sonriso. Unha campaña, realizada polo publicitario Torné, baseada na personalización do candidato nacionalista: vexan e coñezan de preto, o máis preto posible, o noso candidato, tenta expresar o BNG na súa publicidade.
No seo da formación debatiuse entre a utilización do eslogan "un novo país" e "un país novo", e finalmente, decidiuse por situar ambas case que a un mesmo nivel, aínda que predominando a segunda, na maioría das pezas realizadas.

Debate houbo tamén no BNG entre a utilización, durante a precampaña, da frase "o cambio galego", fronte a formulada inicialmente de "cambio nacionalista", para resaltar a figura do seu candidato, Anxo Quintana ("Quin", para os amigos, apelativo cariñoso que tamén contribúe a potenciar a súa imaxe de cercanía ó electorado), como presidente nacionalista.

Imaxe limpa do candidato sobre fondo branco, para non distraer, como limpo é tamén o lema de campaña utilizado polo BNG, pois do eslogan destaca o feito de que non admite posibles discusións lingüísticas sobre, por exemplo, un posible ou obrigado emprego do sufixo "bel" (certamente "cuestionábel"), aínda que sí se falou da idoneidade da utilización da palabra "nación" no canto de "país".

Especial interés pola novas tecnoloxías tamén no BNG, promovendo "blogs", que conforman unha rede de "blogueiros" bloqueiros, resaltando así a similitude e condición dos usuarios cibernáuticos e o Bloque.

O BNG é o único que utiliza maiúsculas na súa publicidade e unha tipoloxía grosa, que simboliza certa dureza, firmeza e doses de rebeldía.

 

Unha análise de Xosé Rúas, profesor de comunicación audiovisual e publicidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

© Vieiros