Vieiros
  G2005

PODER GALEGO
OS PARTIDOS
OS PROGRAMAS
OS LÍDERES
A MAN

 

psoe

PSdeG-PSOE

O eslogan "móvome" (moi coincidente, por certo, incluso no tempo, coa campaña "móvete" promovida pola Consellaría de Familia e Xuventude, para promover o voluntariado na xente moza), e "movémonos" ten unha clara intención: a mobilización do voto de esquerdas.
Unha peza onde o eslogan cerra toda unha serie de accións complementarias, na busca dunha importante mobilización e presenza nas rúas. Unha mobilización masiva para loitar contra a tradicional mobilización dos votantes do Partido Popular, facendo da convocatoria unha alegría, con certas doses de espectáculo (mesmo circense, coa utilización de zancudos), e que, sen dúbida, rematará con mensaxes dirixidos aos públicos que non son vítimas da fenda dixital, ou para entendernos: aos usuarios maioritarios na utilización das novas tecnoloxías, capaces de "movelos", tamén, a través dos mensaxes SMS. Todo un esforzo de loxística e de mobilización, tamén, de recursos técnicos e humanos do propio partido.

Por iso apelan tamén ao "móvome" o propio candidato socialista de canas brillantes e resaltadas, Emilio Touriño, e o seu partido, nesta campaña realizada pola axencia Neo, que aproveita algunhas das pezas artelladas a nivel nacional para toda a publicidade dos socialistas, como é a utilización de "Presidente Touriño", semellante á de "Zapatero Presidente", asimilada á imaxen presidencial que se potencia do candidato, mesmo no seu posado e vestimenta.
 

Unha análise de Xosé Rúas, profesor de comunicación audiovisual e publicidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

© Vieiros