|
O gobernoAta a instauración da democracia | Estatuto de Autonomía | Xunta de Galiza | O parlamento Galego | 24 anos de parlamento | Grupos Parlamentarios 2001-2005 | Ata a instauración da democraciaGaliza foi un reino independente dentro da Península Ibérica desde a chegada dos suevos ata a segunda metade da Idade Media. Logo da integración no reino de Castela, os nobres galegos seguiron gozando dunha posición de poder privilexiada que mantiveron ata finais do século XIV e comezos do XV, cando os aristócratas galegos apoiaron o candidato perdedor en dúas guerras dinásticas castelás.Galiza recuperou o poder perdido no XIX, seguindo a singradura dos nacionalismos europeos. O rexionalismo, liderado por Alfredo Brañas, medrou na segunda metade do século XIX ao abeiro do Rexurdimento, fénomeno de recuperación da identidade cultural e histórica do pobo galego. Os anos vinte do noso século asistiron ao nacemento do Partido Galeguista, que contaba con dous representantes no parlamento da República española. Daniel Rodríguez Castelao e Alexandre Bóveda foron os principais artífices do primeiro Estatuto de Autonomía para Galiza, que nunca podería entrar en vigor por mor da Guerra Civil Española. Houbo que agardar ata o 16 de marzo de 1979, cando o país adquiriu o réxime de preautonomía. En xuño dese ano os parlamentarios galegos presentaron nas Cortes o proxecto de Estatuto Autonómico de Galiza. Foi ratificado polo pobo galego en referendo (decembro de 1980) e posto en vigor en abril de 1981. Galiza estableceuse como Comunidade Autónoma pola Lei orgánica 1/1981 do 6 de abril (BOE 28/IV/81). Estatuto de AutonomíaAprobado en 1980, O Estatuto de Autonomía de Galiza é o marco legal de competencias, deberes e dereitos da Comunidade.Xunta de GalizaA Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía coma o órgano colexiado do Goberno de Galiza. Está composta polo Presidente, Vicepresidente (ou Vicepresidentes) e mailos Conselleiros, que son elixidos polo Presidente.A Xunta cesa coa celebración de eleccións ao Parlamento Galego e nos casos de perda de confianza parlamentaria, de demisión ou de falecemento do seu Presidente. Responde políticamente diante do Parlamento, de xeito solidario, e sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus compoñentes. A Xunta de Galiza poderá interpor recursos de inconstitucionalidade e presentarse diante do Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos na Constitución e na Lei Orgánica do mesmo. A Xunta de Galiza ten transferidas unha serie de materias exclusivas, recollidas no título segundo do Estatuto, e outras competencias que con carácter exclusivo e por Lei Orgánica lle sexan transmitidas polo Estado. O parlamento GalegoO Parlamento de Galiza é o máximo órgano representativo do pobo galego, segundo recolle o artigo 9 do Estatuto. Tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, celebradas en 1981, o Parlamento iniciou a súa andaina.A potestade lexislativa é a primeira función do Parlamento de Galiza. Ademais ten o control da acción executiva da Xunta de Galiza, a aprobación dos orzamentos da Comunidade autónoma, e todas cantas competencias lle sexan atribuídas pola Constitución, polo Estatuto, polas leis do Estado e polas propias do Parlamento de Galiza. O Parlamento de Galiza, que ten a súa sede na rúa do Hórreo de Santiago, está formado por 75 deputados, que representan as catro provincias da Comunidade autónoma. Os parlamentarios son elixidos por sufraxio universal, seguindo a lei D'Hont, para un período de catro anos. Os deputados intégranse en grupos parlamentarios para a realización da súa actividade representativa. Cada grupo deberá estar formado por un mínimo de cinco deputados. Noutro caso, intégranse no grupo mixto. O Parlamento galego dispón dun Regulamento, aprobado por maioría absoluta, que establece todos os seus mecanismos de composición, funcionamento e réxime interno. Os órganos de goberno da Cámara galega son o Presidente, a Mesa e a Deputación Permanente. As reunións do Parlamento celébranse en Pleno e en Comisións, reuníndose en ámbolos casos en sesións ordinarias e extraordinarias. Os grupos parlamentarios participan en tódalas comisións en proporción ó número dos seus membros. Funciona, ademais, unha Xunta de Portavoces, na que participan os deputados designados como representantes dos distintos grupos. A iniciativa para que o Parlamento tome en consideración as propostas lexislativas corresponde, ademais de á propia Cámara, á Xunta e ós deputados. Tamén está regulada a iniciativa popular para a presentación de proposicións de lei que o Parlamento deberá tramitar, se estas acadan o número mínimo de sinaturas esixidas. As leis aprobadas polo Parlamento entran en vigor unha vez que son publicadas no Diario Oficial de Galiza. Consulta a historia do Parlamento Galego a través das súas cinco lexislaturas. 24 anos de parlamentoO 20 de outubro de 1981 celébranse as primeiras eleccións ao Parlamento de Galiza. Con Antonio Rosón (UCD) na presidencia da Mesa, os 71 deputados saíntes duns comicios moi apertados elixen a Xerardo Fernández Albor como primeiro presidente da Xunta. O Goberno xorde coa misión de poñer en práctica o Estatuto de Autonomía, ratificado en referendo en decembro de 1980.En 1985 a TVG comeza as súas emisións. Fernández Albor preside un segundo mandato, marcado pola morte de Antonio Rosón e a moción de censura presentada polo Partido Socialista e deputados de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. É 1987 e chega o "Goberno tripartito" de González Laxe. O Parlamento inaugura a súa nova sé, na rúa do Hórreo. Soan gaitas no Obradoiro. En 1989 comeza a era Fraga. O Parlamento pasa a ter 75 deputados. Esta terceira lexislatura deixa tamén a icona máis famosa, o "zapatazo" de Beiras. Dende 1993 e logo que o primeiro goberno Fraga modificase a normativa electoral, subindo do 3 ao 5% a porcentaxe mínima de voto necesaria para acadar representación parlamentaria, a Cámara galega reduciuse a un escenario tripartidista. A composición do grupo parlamentario popular vai en aumento, con sucesivas maiorías absolutas, misturadas con demisións e diversos escándalos de corrupción. Pola súa banda, o PSOE, principal opositor despois das eleccións do 85 perde terreo. Unha caída que vai acompañada da ascensión do Bloque Nacionalista Galego, convertido na segunda forza galega na lexislatura de 1997. vantaxe que se reduciría logo das eleccións de 2001, con empate en número de parlamentarios co PSOE. Logo do 19 de xuño, o Parlamento agarda o inicio da súa sétima lexislatura. Grupos Parlamentarios 2001-2005Grupo Popular: 41Grupo BNG: 17 Grupo Socialista: 17 Grupo Popular: Álvarez Montes, Marta; Amarelo de Castro, Fernando; Baltar Blanco, José Manuel; Barreiro Fernández, José Manuel; Bueno Berrío-Ategortúa, Marisol; Caldelas Fernández, María Josefa; Calvo Pouso, Diego; Carballo Paez, Ramón; Casares González, Juan Manuel; Castedo Carballo, Remedios; Castro García, Roberto; Cuíña Crespo, Xosé; Díaz Vázquez, Manuel; Fernández Rosende, Jesús María; Fraga Iribarne, Manuel; Gago Álvarez, Cástor; García Leira, José María; González Loroño, Beatriz; Gómez Alonso, Alejandro; Janza Muñiz, Paula; López Abella, Susana; López Besteiro, Manuela; López Díaz, Victoria Eugenia; López Outeiral, Manuel; López Veiga, Enrique César; Mayán Santos, José Manuel; Palmou Lorenzo, Xesús; Pedrosa Vicente, Juan; Pérez Ares, César; Pita Varela, Jaime Alberto; Reviejo Ares, Miguel Angel; Rodríguez Corcoba, Fernando; Rodríguez Cuervo, Inmaculada; Rodríguez Fernández, Maximino; Rodríguez Seijas, María Dolores; Rojo Nogueira, Pilar; Ruíz Rivas, Manuel Santos; Santalices Vieira, Miguel Ángel; Sestelo Fernández, Ramón; Suerio Pastoriza, Alberto; Tapia Fernández, María Jesús Grupo BNG: Álvarez Blanco, Salomé; Álvarez Domínguez, Bautista; Beiras Torrado, Xosé Manuel; Darriba Calviño, Rosa María Mercedes; Díaz Díaz, Xosé; Ferreiro Abelleira, Xosé Francisco; Gutiérrez Fernández, Eduardo; Lobeira Domínguez, Bieito; López Pérez, Emilio; Merino Mejuto, Domingos; Novo Arrojo, María Tereixa, Pontón Mondelo, Ana Belén; Rodríguez Feixóo, Alberte Xullo; Rodríguez Peña, Xosé Henrique; Suárez Canal, Alfredo; Trigo Durán, Francisco; Veiga Buxán, Xesús Manuel Grupo Socialista: Borrajo Rivas, Pedro; Cerviño González, Francisco; Fontán Prado, María Esther; Gallego Calvar, Carmen; González Laso, Natividad; Lage Tuñas, José Manuel; López Vidal, Pablo Xabier; Pérez Herraiz, Margarita; Pérez Touriño, Emilio; Pose Mesura, Modesto; Rego González, Ismael; Rodríguez González, Manuel Luis; Seara Sobrado, Laura; Sineiro García, Francisco; Soneira Tajes, María Soledad; Varela Sánchez, Ricardo; Villarino Santiago, Dolores |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||