|
PSdeG-PSOE En España, o PSOE fundouse clandestinamente en Madrid o 2 de maio de 1879 en torno a un núcleo de intelectuais e obreiros encabezados por Pablo Iglesias. Trala clandestinidade da dictadura, o Partido Socialista accedeu ao Goberno español en 1982 da man de Felipe González e con Alfonso Guerra de vicepresidente.En 1996 perde as eleccións e pasa a ser o principal grupo da oposición. Logo dunha lexislatura chea de disensións internas o secretario xeral Joaquín Almunia demitiu ao revalidar o PP a maioría absoluta. O seu secretario xeral actual é José Luis Rodríguez Zapatero que alcanzou a presidencia do goberno español tras derrotar a Mariano Rajoy nas eleccións do 14 de marzo de 2004. En Galiza, o Partido Socialista Galego (PSdeG-PSOE) formou un goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego entre 1987 e 1989. Poden consultar no escáner Agora Galiza? a historia máis recente do PSdeG. O partido por dentroO X Congreso do PSdeG celebrado hai case un ano significou a consolidación de Emilio Pérez Touriño como líder dos socialistas galegos e do seu equipo como o do grupo de colaboradores encargado de levalo á presidencia da Xunta. Nunca un congreso do PSdeG dera unha maior impresión de unidade. Desde aquela e baixo o lema de Zapatero "Agora Galiza", o PSOE puxo todo o seu empeño, quizais por primeira vez, en conquistar a Xunta nas vindeiras autonómicas.A oferta do PSdeG touriñista instálase nun moderado termo medio, equidistante do vazquismo localista e dos "excesos" federalizantes do socialismo catalán. Socialdemocracia, galeguismo e federalismo constitucionalista son as súas marcas ideolóxicas. Equilibrio tamén entre os tres factores que condicionaron tradicionalmente o funcionamento do PSdeG (tensións territoriais, borrosas fidelidades e distintas e, ás veces incompatíbeis, sensibilidades ideolóxicas). A credibilidade do cambio proposto por Touriño deberá confrontarse durante a campaña coa sombra de Francisco Vázquez que tratará de boicotear a posibilidade dun probábel pacto de goberno entre o BNG e o PSdeG, aínda contando con Touriño de presidente. Peso político 62 alcaldes 927 concelleiros 32 deputados provinciais 17 deputados autonómicos 10 deputados no Congreso 4 senadores 2 eurodeputados |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||