Vieiros
  G2005

PODER GALEGO
OS PARTIDOS
OS PROGRAMAS
OS LÍDERES
A MAN

 

Anxo Quintana

Allariz, 25 de febreiro de 1959.
Portavoz nacional do BNG. É tamén senador desde 1999. Foi alcalde de Allariz.
Preséntase por primeira vez como candidato á presidencia da Xunta.
QuintanaÉ diplomado en Enfermería pola Universidade de Vigo e formou parte do Servizo de Nefroloxía da Residencia do Hospital Cristal-Piñor de Ourense.
Actualmente está en excedencia da súa ocupación profesional, e é socio de honor da Sociedade Española de Medicina Xeral polo seu contributo á mellora da Atención Primária no medio rural.

Desde o ano 1983 foi concelleiro en Allariz, e posteriormente alcalde desta vila desde 1990 até o ano 2000. Nos anos do seu mandato, Allariz recibiu o Premio Europeu de Urbanismo e foi seleccionado polo Programa Hábitat da ONU para representar o Estado español como exemplo de concello que conta cunha xestión en defensa do desenvolvemento sustentábel.

Contribuiu á unificación das organizacións municipalistas galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre os anos 1995 e 2000.

Ocupou o cargo de coordenador executivo do BNG desde abril de 2002 até novembro de 2003, cando foi nomeado Portavoz Nacional do BNG e candidato á Presidencia da Xunta de Galiza na XI Asemblea Nacional da organización.

É senador por designación da Comunidade Autónoma de Galiza desde o ano 1999. Como parte da súa actividade parlamentar, Anxo Quintana é membro titular da Deputación Permanente e portavoz do Grupo Mixto na Comisión Xeral de CC.AA, na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación, na Comisión de Industria Turismo e Comercio, na Comisión de Xustiza e na de Regulamento.


 

LIGAZÓNS

© Vieiros