Que condicións históricas existiron na Galicia do
século XII para que aparecese unha lírica propia?, a
situación política ou social condicionou esta
aparición? ou non? estaba este país tan aberto, ou tan
pechado, ás influencias de mundos xeograficamente tan
alonxados coma o de Occitania? Estas e outras preguntas agardamos
sexan contestadas dentro do Seminario Coordenadas históricas e
Sociais das Cantigas.
Achegáronos a este mundo histórico é o que
pretende este seminario que está aberto ás
colaboracións e ponencias de tódolos especialistas e
interesados na lírica galego-portuguesa.
Para envia-las súas colaboracións a este seminario
deberá segui-las seguintes normas:
- A recepción de traballos estará aberta desde o
día 1 de maio ata o 12 do mesmo mes.
- Os traballos deberán ser enviados ó enderezo
galego-org@vieiros.com
,preferiblemento en formato RTF, WP 6.0 ou calquera tratamento de
texto Macintosh, coa indicación "Historia:" no seu
título.
- As ponencias han ter unha extensión máxima de
5000 caracteres.
- "A lingua das cantigas" ten como idioma oficial do seu
congreso o galego e portugués, aínda que acepta,
igualmente, aqueles outros idiomas que poidan ser intercomprensibles
para tódolos asistentes ó Congreso. De igual maneira,
galego.org está aberto á recepción de documentos
en tódalas variedades normativas aínda que o seu
Comité organizador opta pola aprobada oficialmente en 1982
pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega.
- As ponencias enviadas ó Congreso han aparecer en
liña a partir do día 15 de maio segundo se dará
conta na portada inicial do Congreso.
|