A Lingua das Cantigas

Seminario "Lingua medieval galego-portuguesa"
Esta primeiro grupo de traballo do congreso "A lingua das Cantigas - Congreso da lírica medieval galego-portuguesa na rede" pretende afondar, con rigor e disciplina, pero tamén con toda a liberdade en canto ás opinións expresadas, ó marabilloso mundo do nacemento e conformación da lingua galega no peíodo concreto que vai desde o século XII ata os primeiros anos do XV.Imaxe cantigas

Analizar tódolos procesos fonéticos, léxicos, morfolóxicos e sintácticos desta lingua primeira é o obxectivo básico deste seminario que está aberto ás colaboracións e ponencias de tódolos especialistas e interesados na lírica galego-portuguesa.

Para envia-las súas colaboracións a este seminario deberá segui-las seguintes normas:

  1. A recepción de traballos estará aberta desde o día 1 de maio ata o 12 do mesmo mes.

  2. Os traballos deberán ser enviados ó enderezo galego-org@vieiros.com ,preferiblemento en formato RTF, WP 6.0 ou calquera tratamento de texto Macintosh, coa indicación "Lingua:" no seu título.

  3. As ponencias han ter unha extensión máxima de 5000 caracteres.

  4. "A lingua das cantigas" ten como idioma oficial do seu congreso o galego e portugués, aínda que acepta, igualmente, aqueles outros idiomas que poidan ser intercomprensibles para tódolos asistentes ó Congreso. De igual maneira, galego.org está aberto á recepción de documentos en tódalas variedades normativas aínda que o seu Comité organizador opta pola aprobada oficialmente en 1982 pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega.

  5. As ponencias enviadas ó Congreso han aparecer en liña a partir do día 15 de maio segundo se dará conta na portada inicial do Congreso.
Volver á páxina do Congreso