O seminario adicado á literatura do congreso "A lingua das
Cantigas - Congreso da lírica medieval galego-portuguesa na
rede" desexa analiza-las formas literarias das cantigas medievais
galego-portuguesas que arredor de cen "trobadores" deixaron ó
futuro, así como afondar nos diversos e variados topoi que
marcaron esa forma de expresa-lo amor, a sátira, e mesmo a
reflexión... mesmo achegarnos ás diversas correntes
litararias que desde o século XX beberon dese xeito especial
de entende-la poesía, para construír un mundo cheso de
suxerencias.
Somerxerse neste mundo é a intención deste seminario
que está aberto ás colaboracións e ponencias de
tódolos especialistas e interesados na lírica
galego-portuguesa.
Para envia-las súas colaboracións a este seminario
deberá segui-las seguintes normas:
- A recepción de traballos estará aberta desde o
día 1 de maio ata o 12 do mesmo mes.
- Os traballos deberán ser enviados ó enderezo
galego-org@vieiros.com
,preferiblemento en formato RTF, WP 6.0 ou calquera tratamento de
texto Macintosh, coa indicación "Literatura:" no seu
título.
- As ponencias han ter unha extensión máxima de
5000 caracteres.
- "A lingua das cantigas" ten como idioma oficial do seu
congreso o galego e portugués, aínda que acepta,
igualmente, aqueles outros idiomas que poidan ser intercomprensibles
para tódolos asistentes ó Congreso. De igual maneira,
galego.org está aberto á recepción de documentos
en tódalas variedades normativas aínda que o seu
Comité organizador opta pola aprobada oficialmente en 1982
pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega.
- As ponencias enviadas ó Congreso han aparecer en
liña a partir do día 15 de maio segundo se dará
conta na portada inicial do Congreso.
|