A Lingua das Cantigas

Notas sobre a expresión concesiva no galega medievalXosé María Gómez Clemente
Artigo publicado en Homenaxe ó profesor Constantino García. Departamento de Filoloxía Galega. Universidade de Santiago, 1991. p. 179-198

    Co presente traballo pretendemos facer un pequeno estudio descritivo sobre a evolución da construcción concesiva no galego medieval, en textos que abranguen o período comprendido entre os séculos XIII e XV, salientando o uso de determinados nexos conxuntivos e a utilización do indicativo e do subxuntivo para a expresión da realidade ou da hip6tese.

Para isto fixémo-la seguinte escolla de textos(1):

    1. Século XIII: Cantigas de Amor (AMOR), Cantigas de Amigo (AMIG), Cantigas de Escarnho e Mal dizer (CEM), Cantigas de Santa María (CSM).
    2. Século XIV: Crónica Troiana (CT), Historia Troiana (HT), General Estoria (GE), Crónica Galega (CG), Crónica de Castela (CC), Crónica Particular (CP).
    3. Século XV: Miragres de Santiago (MS), Crónica de Santa Maria de Iria (CI).


1. NOTAS TEÓRICAS

    A complexidade destas oracións, que teñen quizais o tipo de construcción máis determinado dentro do que tradicionalmente se considera como grupo das subordinadas adverbiais, motivou o establecemento de criterios comparativos con outras oracións do seu grupo para intenta-la súa descrición. Nos estudios gramaticais, tanto galegos coma españois, introduciuse sempre o criterio de delimitación con respecto ás adversativas e condicionáis. A Gramática Galega de Álvarez Blanco, H. Monteagudo e X.L. Regueira(2) inclúe as concesivas dentro das oracións bipolares, seguindo a teoría sintáctica de Guillermo Rojo(3) (onde tamén aparecen as adversativas e condicionáis), por presentaren dúass, e s6 dúas, cláusulas no nivel constitutivo inmediatamente inferior ó de oración. Sen embargo, apuntan a circustancia de que os pronomes se comportan dentro do período concesivo como nas cláusulas subordinadas, feito importante á hora de defini-lo seu esquema sintáctico. A Gramática da Real Academia Española (1931) inclúe as concesivas dentro do grupo das subordinadas adverbiais e as adversativas dentro das coordinadas. Ó estaren estas últimas a medio camiño entre a subordinación e a coordinación a dificultade do deslinde é evidente. No Esbozo da Real Academia Española coméntase: "En el período concesivo, la subordinada expresa una objeción o dificultad para el cumplimiento de lo que se dice en la oración principal, pero este obstáculo no impide su realización. Si decimos, por ej: Aunque llueva saldré, enunciamos el cumplimiento de la acción principal, "saldré", negando eficacia al obstáculo que representa la subordinada (aunque llueva). Es como una condición que se considera desdeñable e inoperante para la realizacion del acto"(4)

    As gramáticas portuguesas de Cunha(5) e Vázquez Cuesta(6) non entran na consideración dos problemas que presentan as concesivas, aínda que si o fai a gramática de Mira Mateus(7).

Desde posturas xenerativistas, partindo do concepto de presuposición, tamén se analizou o período concesivo. José Luis Rivarola(8) distingue dous tipos de enunciados: 1. de carácter presuposicional (concesivos) contrarios a unha expectativa.(9) 2. de carácter non presuposicional (adversativos). Despois, e desde un punto de vista sintáctico, comproba a posibilidade de que aunque (conector concesivo) poida funcionar como coordinante e por isto distingue dous procedementos de expresión sintáctica para esta relación lóxico-semántica: a coordinación (F1 CO F2) e a subordinación (F1 SU F2)(10). Tamén comparte este punto de vista sintáctico Vera Luján: "la concesividad vendría a conformar un tipo de contenidos que encontraría una doble vía de expresión gramatical: la subordinación o la coordinación oracionales"(11). Luis Santos Ríos(12) reserva o termo "locución concesiva" para aquelas que expresan relacións contrafactuais (hipotéticas) e utilizan o subxuntivo. Tamén sinala a existencia de "locuciones que contienen concesión y adversación", dentro das cales poderiamos incluí-las concesivas reais en indicativo e subxuntivo. Estas dúas distínguense das adversativas por producirse o que el chama "anticondición"(13).

    Guillermo Rojo, incide na demostración de que os criterios de subordinación e de coordinación son inaplicables para as concesivas. Estas e as adversativas pertencen á clase das bipolares xa que nelas existe "una relación entre dos constantes" e só aparecen dous elementos no nivel máis alto da estructura sintáctica. María Angeles Álvarez Martínez critica esta teoría de Rojo, por aplicar un criterio semántico para unha distinción sintáctica, e afirma "Así pues, causales, condicionales y concesivas deberían mantenerse, a nuestro juicio, en el apartado de las subordinadas adverbiales, puesto que actúan como aditamento respecto del núcleo verbal oracional"(14).

    Vemos pois que a discusión sobre a expresión sintáctica da relación lóxico-semántica expresada polas concesivas é a que levou a maiores controversias. A inclusión de adversativas e concesivas dentro dun mesmo esquema sintáctico (A, conector, B) é algo que consideramos difícil de soster. O comportamento de ambas é distinto e responde ós seguintes esquemas:

    Concesivas: 1. conector B, A;
            2. A, conector B(15).
    CC 490.24 1. Et el rey de Valença pero que entendeu muy bem
            a rraço por que era, prouguelle moyto.
            2.Et el rey de Valença prouguelle moyto, pero que
            entendeu muy bem a rracõ por que era.
    Adversativas: A, conector, B

    Facemos notar que o conector debe considerarse como un ponderador, segundo a terminoloxía de Luis Santos, que afecta o membro que inicia o período concesivo(16). Existe unha focalización sobre o conector e o ámbito deste conector. O significado que aporta un conector concesivo (presuposicionalidade) pode ser expresado da seguinte forma: supón que hai unha alternativa ó valor expresado en A e que o valor realmente dado en A é o menos probable e o máis sorprendente de todos aqueles que se poden dar nese contexto.

    Asemade, este mesmo ponderador concesivo fai que o comportamento dos pronomes átonos, sobre todo no caso do galego, teña moita máis relación co que ocorre no grupo das subordinadas adverbiais que co comportamento dos clíticos nas adversativas.

    Non obstante, e por ser unha estructura de carácter contrastivo (dous membros nun mesmo nivel xerárquico) cremos que non se pode considerar como subordinada, xa que aínda considerando un aditamento(17) o período iniciado polo conector concesivo, non hai unha dependencia clara do núcleo verbal.

    Desde o punto de vista semántico consideramos que a teoría de Luis Santos, xunto coa de Rivarola, poden servir de marco á consideración deste tipo de oracións:

    A relación que se establece neste tipo de oraciêns e a seguinte:
    aínda que p, q = -(Expectativa): se p, entón normalmente q(18).
(-Expectativa) = a condición "esperable" que aparece despois non se cumpre.
(CI 515.1) et ayuda que q(queiras) non as pera hu possas fugir
p = queiras
q = non as pera hu possas fugir
-(Expec): (se queres (hipótese), ent6n normalmente "as pera hu possas fugir").

O mesmo ocorre na oración (CC 620.10) "Et señor, como quer que ellas son omes onrados et de gran sangue, non llis dera eu miñas fillas..." a relación entre as dúas cláusulas expresa que en A non se cumpren as expectativas que, pola convicción xeral ou do talante, deberían producirse.

- Tipos de concesivas

    Basicamente o criterio que utilizaremos para cataloga-los distintos tipos de concesivas é a presentación dos feitos que se expresan no período iniciado polo nexo concesivo como factuais ou reais e non factuais ou hipotéticos. As primeiras mostran a ocorrencia dunha situación inesperada (contraria a unha expectativa dada por outra situación), tendo en conta o noso coñecemento do mundo. As segundas expresan situacións do mundo real que non son accesibles no intervalo de tempo que se produce a enunciacion e por iso non é posible a súa constatación. O modo que se utiliza para a expresión da factualidade é tanto o indicativo coma o subxuntivo(19), mentres que a expresión da non factualidade e exclusiva do subxuntivo.


2. ORACIONS CONCESIVAS INTRODUCIDAS POR NEXOS CONXUNTIVOS(20)

2.1. Macar

    A etimoloxía desta conxunción non presenta grandes problemas. Ten a súa orixe no grego antigo "feliz, benaventurado" usada como interxeción desiderativa. Deste valor desiderativo pasouse ó sentido concesivo "por una especie de cortesía demostrada al interlocutor, afectando desear que suceda lo que él nos objeta"(21).

    O galego non é a única lingua románica que conserva unha conxunción con esta orixe grega. Aparece no español maguer e no portugués antigo (coa mesma forma có galego) magar, e en certos dialectos italianos magari. J.L. Rivarola(22) fala dunha variante latina makar que coincide plenamente co resultado que atopamos nos textos galegos medievais e tamén no portugués. Tódolos autores que investigaron a orixe desta partícula no español recoñecen a súa procedencia occidental(23).

a) Século XIII

    Macar é unha das conxuncións máis importantes do século XIII, despois de pero e os seus compostos. Aparece con moitísima frecuencia nas Cantigas de Santa Maria que, por outra parte, é a obra que recolle máis riscos lingüísticos galegos. Algeo(24) cita 13 exemplos no século XIII para o portugués. Bartol Hernández(25) comenta que o español maguer (que) "durante los siglos XII y XIII aparece en la mayor parte de las obras literarias como conjunción concesiva de carácter general" (é dicir expresa tanto feitos factuais coma contrafactuais, dato que por outra parte coincide cos que recollemos para o galego). Este autor recolle, só nas Partidas de Afonso X, 1435 exemplos de maguer e os seus compostos.

a.1. Macar + indicativo

    O indicativo é o modo predominante que aparece con este nexo no século XIII. De 72 exemplos totais, 59 están en indicativo. O galego individualízase con respecto ó español na modalidade que utiliza esta conxunción. Nas Partidas de Afonso X fronte a 124 exemplos con indicativo aparecen 1311 con subxuntivo (case sempre hipotético)(26). Algeo no portugués só recolle 5 exemplos. Vemos polo tanto que macar (no galego) no XIII está practicamente especializado en expresar circunstancias factuais (reais).

Exemplos:

Matar Iho rogo, non mi-á mester. (AMIG 61.1)

E porende poder non ouveron os mouros per ren de mal fazer
en aquel lugar santo, nen de o en toller macar que xo tiian
enserrado en sa pilla. (CSM I 561.26)

E el loou muit´a Virgen e nos demos-lle loores / que nos
acorre nas coitas macar somos pecadores. (CSM I 572.43)

2. Macar + subxuntivo

    Dos 13 exemplos que rexistramos no século XIII de macar con subxuntivo non atopamos ningún que exprese realidade.

Exemplos:

Que o non visse, macar quisesse. (AMIG 324.10)
Quen comendar de coracon a Santa Maria o seu, macar mal
prenda, creo eu que llo pode dar sen lijon. (CSM I 512.7)
Macar preit´ajades con alguen non queirades con el en voz
entrar. (CEM 33.3)

a.4. Maer + Indicuavo. Do castelán Maguer con perda da consoante velar intervocálica. Un único caso Con pleonasmo(27).

e maer u m'el jurou que murria por raí, mais non mi quería tan gram bem como dizia. (AMIG 318.21)

b) Século XIV

    Hai poucas ocorrencias deste nexo no século XIV, fronte á abundancia do século XIII sobre todo nas Cantigas de Santa María. Especiahzase na expresión de feitos hipotéticos (catro exemplos). Non hai exemplos con indicativo (polo tanto reais) nin con subxuntivo real. Algeo non rexistra este nexo nos textos portugueses do catorce e só recolle 22 exemplos do español maguer con indicativo.

b. 1. Macar + subxunavo

Hipotético

Pero dize o arçebispo dõ Rodrigo que o nõ poderã alcancar, macar levara esporas. (CC 387.31)

b.2. Mager + Subxunavo

    Un único exemplo da Crónica Troiana, traducción galega dun manuscrito castelán, feito que pode explica-la presencia deste nexo. Introduce concesión real.

Pero eu non dulto que, mager o prez deste pleito seia partido que vos non ajades ende uossa parte. (CT 319.22)

2.2. Macar que

    Só aparece no século XIV con moi poucas ocorrencias: tres en indicativo e tres en subxuntivo (1 real e 2 hipotéticos).

b. 1. Macar que + indicativo

macar que el rrey dõ Pernando era ia barõ feyto et firmado en ydade de sua força conprida, sua madre, a rreyna dona Beriguela, nõ quedou ne quedaua delli dizer e ensinarlle agustosamente... (CC 816.65) Macar que soo desconsolado, avería todo ben. (CT 229.23)

b.2. Macar que + subxuntivo

Real
Et Abeniafa envioulle dizer que llj nõ daria o fillo, macar que soubesse que perderia a cabeza. (CC 527.21)

Hipotético

macar que ficar quisessen, non aujam que comer. (CG, 882.6)
Et digouos de meu que eu o coydo a fazer, macar que ellas me
queyran prender a vida, ante me mataria eu meesmo, ca me dar
a priiom. (CG, 108.92)

2.3. Pero

Con orixe no matiz causal do per instrumental do latín clásico que pasa a ser utilizado moito máis no latín postclásico. O seu correlato era un quod explicativo que introduce unha subordinada. Pasa de ter este valor a expresa-la concesividade a través de contextos nos que "la causa expresada no corresponde a un efecto esperable"(28).

Vallejo (1925, 72) apunta: "es bien conocido el origen de esta partícula; pero con su antigua significación `sin embargo' fue empleada para encabezar la construcción concesiva, del mismo modo y con igual sentido que nuestra actual locución `a pesar de que'.

Pero é moi utilizado no século XIII con valor concesivo. Non é así en español, onde o uso está restrinxido ó verso (quizais por influxo da poesía galego-portuguesa) e pasa axiña a adquirir un valor adversativo. A meirande parte dos exemplos que aparecen nesta lingua proveñen de obras de Afonso X (Pnmera Crónica General, General Estoria) de tipo histórico. Algeo recolle só catro exemplos nos textos portugueses do XIV e un no castelán. Os resultados do galego son ben diferentes.

a) Século XIII

É sen dúbida a conxunción con máis ocorrencias nos textos galegos deste século. De 316 exemplos totais de concesivas no século XIII, 170 son de pero.

a.1. Pero + indicativo

Rexistramos, de 170 exemplos totais, 143 en indicativo

E pero pode, non lles quer valer. (CEM 584)
pero me ben non quer, non leyxarey de a servir por em.
(AMOR 291.ó)
Pero a Santa Maria foi pedir entón que entrass' en sa igreja, non quis consentir. (CSM I, 381.12)

a.2. Pero + subxunaivo
Só aparecen 27 exemplos con subxuntivo, 26 hipotéticos e un que poderiamos considerar real hipotético.

Hipotético
mais sol nao seja pensado, pero o morrer vejades, que me vós
por el roguedes. (AMIG 134.11)
Real/Hipotético
pero vos el reí queira des i ben juzgar, non á end'o poder.
(CEM 4)

b) Século XIV.

    Redúcese o número de ocorrencias dunha maneira moi notable. Cede os seus usos a como quer que e variantes.

b.1. Pero + indicativo.
Aparecen vintetrés exemplos en indicativo que polo tanto expresan concesión real.

(con pleonasmo) et pero laurauaa o mellar que el podia, et sometaua daqueles sementes quelle Deus dera pensado quelle nasceria et colleria ende froyto donde gozase como laurador por ello, mays a terra mays lle criaua cardos et espiñas et outras eruas et cousas danonas. (GE 8.11)
Et pero os mouros eran muytos vençeronos duas uezes. (CC 782.36)
et pero el leuaua o caualo del rroy Mãomete, nehun non foy y ousado de llo taller. (CT 373.21)

b.2. Pero + subxuntivo.

    Só aparecen tres exemplos en subxuntivo (un deles real). Hai polo tanto unha certa especialización deste nexo na expresión da realidade con indicativo.

Real
os cristãos non querían queymar senon astas de lanças et de sectas, das que os moros tragiam, o ane ame non coderian crcer, pero fosse verdade. (CC 753.44)

    Hipotético

    Por que he mester que seiamos todos boos, ca non podemos fugir a nenhuun cabo, pero queyramos. (CC 108.85)
de guisa que nao oune y quen lly resposta desse, pero preguntar quisessen. (CC 219.35)

2.4. Pero que

a) Século XIII

    Aparece con moita menos frecuencia cá súa forma simple. Corenta e seis exemplos puidemos recoller ó longo do século XIII. Rexe tanto indicativo coma subxuntivo. Vallejo(29) afirma que pero que responde a un intento de crear un instrumento "especialmente intensivo para la concesión de lo real". A aparición, nos textos galegos, de só dous exemplos con valores hipotéticos entre o século XIII e o XIV, semella confirma-la teoría de Vallejo(30). Rexístranse 39 casos nó castelán e 36 no portugués.

a. 1. Pero que + indicahvo

    Hai unha total prevalencia dos usos con indicativo. Aparecen corenta e tres exemplos dun total de corenta e seis.

e pero que mui gran fugo de todas partes viynna a moura non foi queimada neo seu fillo chamuscado. (CSM 1, 652.43)
Pero que ei ora mengua de companha nen Pero García nen Pero d'Espanha nen Pero Galego non irá comego. (CEM 3.1)

a.2. Pero que + subxuntivo.

Só aparecen tres exemplos. Dous que expresan realidade e o restante hipótese.

Real
Pero que seja a gente doutra leí e descreuda os que a Virgen mais aman a esses ela ajuda.
(CSM I 588.3)
Pero que os mouros non teman a nossa fe tod'esto da Virgen Santa teen que gran verdade é.
(CSM 1, 203.30)

Hipotético
Quen quer que na Virgen fia e a roga con femença, valer-ll-á, pero que seja d'outra lee en creença. (556.4)

b) Século XIV.

    É o nexo con maior número de ocorrencias no século XIV despois de como quer que. Nótase unha especialización na expresión da realidade en indicativo. Dos 94 exemplos rexistrados, 93 van en indicativo e só 1 en subxontivo real. Algeo recolle 4 ocorrencias no castelán e 23 no portugués.

b.1. Pero que + indicaiivo.

Et pero que esto era causa tan espantosa et maravillosa Jaason, quando os vio, foy contra eles moy ardidamente. (HT 24.19)
et pero que estaua tan mal ferido, non perderá a fala. (CC 388.3)
Et Eytor foy de aquela uez moy maltreyto, pero que non foy chagado. (CT, 330.1)

b.2. Pero que + subxunhvo.

Real
Et pero que o senor fezesse contra ellas algua coussa sen guissa, nunca elles teueron por ende sana uell condesada. (CG 90.4)

2.5. Empero (que)

    Non hai acordo na orixe do nexo. Hai autores que pensan que procede do prefixo latino inde + per hoc e outros defenden a hipótese da súa orixe en in + per hoc.

a) Século XIII

    Non hai moitas ocorrencias de empero que no galego medieval. Só puidemos rexistrar 3 casos de empero que e un de empero todos eles en indicativo. A1geo non rexistra exemplos nin no castelán nin no portugués.

a.1. Empero + indicativo
empero foi ela i tan ardida e de pran vençeu bo caualeiro, mais empero é x'el tan braceiro que ouv'ende ela de rlcar colpada. (con pleonasmo) (CEM 46.3)

a.2. Empero que + indicativo
Pois maestr'Ali viu esto, empero que x'era mouro entendeu que ben guardadas teuera com'en tesouro a Virgen aquelas pedras. (CSM 1277.25)
e empero que os mouros a vezes lle fazen guerra, aos que vee coitados non llela porta serra d'acorrer con sa merçee. (CSM II 32356)

b) Século XIV

Empero

    Aumenta o número de ocorrencias con respecto ó século XIII. Tamén se especializa na expresión da realidade en indicativo. Dos 21 exemplos, 19 utilizan o indicativo e 2 o subxuntivo hipotético.

b.1. Empero + Indicativo
Et diz que os ladrillos leuaua empero estauan ja asentados e secos et apreos con o bytume.(GE 74.2)

b.2. Empero + subxuntivo

atados huus con outros con codeas por que nao podessem fugir empero quisessem. (CC 748.67)
pero ben osmaua que, pois alí uehera, que faria dalle boo et esforçado empero non quisesse. (CC 538.15)

Empero que

O mesmo ocorre con empero que. Dos 19 exemplos, só 2 utilizan o subxuntivo expresando concesión hipotética.

b.3 Empero que + indicativo.

Et a pouco tempo foran todos mortos e malafrontados, sse a uentura non fora contraria aos troyãos ca, empero que se acolleron aas tendas, nonos querían leyxar os troyãos, antes os querian matar e destroyr. (CT 400.20)
Et aaparte do medio día ho de Cartago em Affrica quesse começou em Anybal et Asdrubal, empero que rreynaram em el antes Amylcar et outros rreys. (GE 120.14)
Que o mataria os de Gerara por Sana, sua moller, que era muy fermosa, empero que auia ja noveenta anos. (GE 216.16)

b.4. Empero que + subxuntivo.

Real
Empero que eu aja tan grande vertude de aqueste saber (...) pero non ha cousa nengua que eu mays queyra conosçer que saber as rrazões. (pleonasmo). (GE 181.ó)

2.6. Compostos con -quer

    Existen no galego medieval unha serie de conxuncións cun denominador común que é a presencia da partícula -quer. Esta partícula ten a súa orixe nos verbos volitivos cun valor disxuntivo: galego-portugués quer-quer, romanés oare-oare. Característica de todas estas partículas é a introdución dunha alternativa como cuestión de elección ou preferencia. A apódose implícita nestas cláusulas disxuntivas implica a concesión por parte do falante, do eventual desexo do oínte, en vista de que o cumprimento non afecta á validez da oración principal.

    Combinada con pronomes e adverbios relativos (qui, que, cuan, c(u)anto) dá orixe a unha serie correspondente de pronomes e adverbios de carácter indefinido e xeneralizador. Non hai unha opinión clara con respecto á orixe destes compostos. Tradicionalmente son considerados como un calco das formas latinas formadas por -libet ou por -vis. Lombard(31) afirma que os indefinidos xeneralizadores representan un tipo panrománico (fr. qui que ce soit; it. qualsivoglia), formado a partir de construcci6ns xoneralizadoras caracterizadas pola presencia dun relativo e dunha forma verbal en subxuntivo que pode estar unida ó relativo por medio dun que. O composto ten como resultado final unha conxunci6n concesiva por debilitamento da relación do relativo e o verbo da subordinada introducida por que. Polo tanto a xeneralizaci6n(32) desaparece e o composto convértese nun simple subordinante.

2.6 1. Como quer que

a) Século XIII

    Nótase unha especialización deste composto na utilización do subxuntivo: dos 18 exemplos que rexistramos só un utiliza o indicativo. Algeo cita 21 exemplos dos textos portugueses medievais e 116 dos casteláns.

a.1. Como querque + indicativo

Como quer que gran poder á o demo en fazer mal, mayor l'á en ben fazer a Reyña spirital (CSM I, 634.3)

a.2 Como quer que + subxuntivo

    Aparecen dezasete exemplos aparecen nos textos consultados: 12 expresan realidade e 5 hipótese.

Real
E and'eu mui cuitada como quer que vos al diga. (AMIG 485)
El, como quer que lle fosse esto de fazer mui greu por entrar
ena eigreja da Virgen, com'aprix eu, fezeo. (CSM 461.42)
Sennor, sempr'en ti confiey, como quer que pecasse. (CSM I 729.64)

Hipotético
e como quer que eu mayor posar non podesse ueer de que enton uerey, prazer ey ende. (AMOR 68)

b) Século XIV

    É o nexo concesivo con maior numero de ocorrencias no século XIV. Hai unha repartición case ó 50% entre os exemplos que utilizan o indicativo (50) e os que utilizan o subxuntivo (60, 36 reais e 24 hipotéticos). Os textos casteláns proporcionan 173 exemplos e os portugueses 54.

b.1. Como quer que + indicativo

Et os mouros, como quer que llis pesou, compriron seu mandado. (CC 654.4)
Agamenon fezo mouer tres azes, huas empus outras, et como quer que alegres uaan, alguus yran ala por seu mal, onde al non pode seer. (CT 458.26)

b.2 Como quer que + subxuntivo

Real
ca ata aquí, como quer que o nos ajamos chamado suso en estoria ante desto Almancor, non lle chamauan ayuda assi os mouros. (CG 207.7)
Et muyto agiña o dara a entender, ca, como quer que el fose muy pequeno de dias, non o semellaua nos feytos. (CT 614.ó)
mays como quer que que alguns delles digam de hua guysa, et outros de outra nos non dizemos agora aquí mays desto. (GE 38.3)

Hipotético
Et non catades nen façades ende al, ca, como quer que el cumpla sua voontade en algua cousa con todo esto mais vale teer ele por senhor ca o treedor. (CC 550.39)
Señores, como quer que sse algun queixe desto que eu agora quero dizer nao posso estar que o non diga. (CT 534.4)

c) Século XV

    É notable a diminución de exemplos de concesivas que se produce no século XV. Nos dous textos que consultamos só atopamos catro exemplos de como quer que, un en indicativo e tres en subxuntivo real. Como vemos este nexo perdeu a capacidade de expresa-la concesión hipotética. Rexístranse 64 exemplos no portugués e 93 no castelán.

c. 1. Como quer que + indicativo
et como quer que moyto se alegraron do miragre que viron, moyto se alegraron mais por que lles semellauan que Santiago vivo era verdadeiramentc que lles agina abrirá as portas. (MS, 207.12)

c.2. Como quer que + subxuntivo
Et como quer que tu pecases, eu amate moyto (MS 21.4)

2.6.2. A como quer que.

a) Século XIII
Non se rexistran exemplos.

b) Século XIV

    Dos 38 exemplos rexistrados 26 aparecen en indicativo e 12 en subxuntivo (11 reais e 1 hipotético). Existe unha certa especialización na expresión da realidade. Aparece case exclusivamente na General Estoria.

b. 1. A como quer que + indicativo
Pero a como quer que el ena sua voontade criia hun Deus, con vergonça de seus viziños et dos outros çidadãos tiña ydolos em sua casa. (GE 134.21)
Frixo, a como quer que pesou de sua yrmaa que leuaua consigo moyto de coraçon por quanto a perderá, non podo mays fazer. (HT 16.40)

b.2. A como quer que + subxuntivo

Real
A como quer que ouuese outros de tam. boo linagen et ta». rricos et poderosos como Jason, pero depoys que ella vía que el ya por cabdillo, pagouse mays del et prougolle con el mays que con todos. (Pleonasmo). (HT 20.9)

Hipotético
Et basteçeron moy ben t6dolos muros et as torres et de compañas en tal maneyra que, a como quer que auesse, nõ sse temessen de traycon. (CT 325.16)

c) Século XV

    Atopamos un exemplo de a comoquier que, forma castelá de a como quer que, con subxuntivo real.

Et por quanto a España ainda non avia conoscemento alguun da fe de Iesu Xristo, a como quier que ende en vida viera predicar o Santo Apostollo (CI, 33.12)

2.6.3. Quantoquer que

Só un exemplo en subxuntivo.

ca nunca quedaua de roubar et de forcar aos outros et yrlos buscar onde quer el soubese que eran quanto quer que fose aalonge. (GE 13.37)

2.7. Ainda que

O adverbio ainda puido se-lo encabezador reforzativo da subordinada introducida por que + subxuntivo. Para o valor deste adverbio (aun) Cuervo(33) apunta que a primitiva construcción en español debeu ser con subxuntivo coma en italiano e en francés. Á parte do dato da non existencia de exemplos nas obras consultadas, no século XIII, os poucos exemplos que aparecen no catorce rexen case sempre subxuntivo.

b) SéculoXIV

    Hai unha case total e~pecializacièn deste nexo na utilización do subxuntivo hipotético: dos 34 exemplos que rexistrarnos, só 11 expresan realidade (5 en indicativo e 6 en subxuntivo). Algeo rexistra esta conxunción xa no portugués do século XIII (15 exemplos); no século XIV 107.

b.1.Aínda que + indicativo ca, ajnda que no comeco dos omens casauan os yrmaos con as yrmaas, pero non tomauan en hua sazan mays de hua e non duas. (Pleonasmo) (GE 15.10)
Et todos aqueles a que eu cheguey con este mandado achey brauos et esquiuos a sobreguisa, et non mo quisestes dar, ayuda que uos el rrey quitaua quanto mal auia rreçebudo. (CT 634.11)

b.2. Ainda que + subxuntivo

Real
ainda que sabamos que nos mataran por ello os caldeos, non deuemos por ende creer nen fiar enos ydolos. (GE 143.10)
Et toda a sua gente sera desbaratada aa entrada da porta, ayuda que nos mays y non seiamos. (CT 3485)

Hipotético

Et aynda que nos queyramos fugir, non nos leyxaran. (CC 435.6)
Et pero diseron que ayuda que a cibdade non podessen tomar per forca, pero que poderian fazer gran dano et que o fezessen se quer por se vengar. (HT 14.7)

2.8 Vel

    Bartol fai notar sobre esta partícula que "ya desde su valor originario `si se quiere', pasó con el uso a tener un valor de `incluso, hasta"(34). Este valor permítelle, por ser un ponderador, introducir concesivas. Só atopamos un exemplo no século XIII, que se comporta como un reforzo do valor concesivo de pero.

e pero Ihi fale, ben sey ca non ey nen hun poder de o por amig'aver vel falasse comigo. (AMIG 268.4)


3. PROCEDEMENTOS DE REFORZO. A RELACION PLEONASTICA

Nos textos galegos medievais consultados aparece o fenómeno do uso redundante dunha conxunción adversativa entre os dous membros que conforman o periodo concesivo. Como apunta Bartol(35) este fenómeno xa era coñecido en latín sobre todo coa partícula tamen. Algeo(36) analiza as construccións concesivas en portugués, español e catalán e constata o fenómeno da expresión pleonástica nas tres linguas(37). Posteriormente, no artigo que xa citamos, comenta a existencia deste tipo de reforzamento clausal tanto en latín coma en provenzal antigo e dialectos do norte de Italia. Nos textos medievais galegas danse un total aproximado de 30 casos.

    Os usos pleonásticos aparecen asociados case sempre á expresión da realidade(38), tanto co subxuntivo coma co indicativo. No século XIII atopamos 7 exemplos, todos eles en indicativo e cos seguintes nexos: pero (4), macar(2), empero (1). No século XIV aparecen 23 exemplos (7 en subxuntivo expresando realidade(39) e 17 en indicativo) cos seguintes nexos: como quer que (11), a como quer que (6), pero que (2), ainda que (2), empero que (2). Os reforzos pleonásticos de tipo adversativo son estes: pero (19), porem (2), empero (2), pero (con todo eso /esto) (2), por todo esso (2), mays (1), mays pero (1).

Exemplos(40)

a) 5éculo XIII

Macar o caualeir'assi despreçar se uiu da que el amaua, e seu desamor sentiu, pero, con tod'esto, o coraçon non partiu da que per seu ben e de mais d'al cobiçaar. (CSM 1150.25)
Pero punho sempre de preguntar, paren nunca me poden entender o muy gran ben que uos eu sey querer. (AMOR 458.7)

b) Século XIV.
Mays as suas cidades, como quer que non som conosçudas agora, empero terras ouueron. (GE 71.15)
Et como quer que ha mester de falar outros en este feyto et tomar y consello do que quiserdes fazer ante que o começemos, pero eu dizeruos ey o que me acasçeu. (CI 248.22)


CONCLUSIÓNS

Dos datos analizados podemos tira-las seguintes conclusións:

    1. Non existe unha total especialización dos nexos á hora de expresa-a concesión real ou hipotética pero podemos constata-los seguintes fenómenos:

    -Tódolos nexos aumentan a súa versatilidade no século XIV: poden utiliza-lo subxuntivo para expresar concesión hipotética, agás macar e como quer que que xa o podían facer no XIII e pero que que a perde. Non hai unha relación directa entre o aumento da capacidade dos nexos de expresar tanto realidade (en indicativo e subxuntivo) coma non realidade e a maior ou menor aparición nos textos. Ver cadro III.

    - Macar vese relegado á utilización única do subxuntivo no século XIV. Nótase, polo tanto, unha evolución con respecto ó século XIII, á parte da diminución clarísima do número de ocorrencias. Macar no século XIII pode iniciar tanto concesivas hipotéticas coma reais, pero vemos que hai unha distribución clara: reais en indicativo e hipotéticas en subxuntivo. No XIV especialízase na expresión da concesividade hipotética e os poucos casos de reais son introducidos por macar que. Os exemplos que recollemos mostran que macar utiliza nun tanto por cento moi elevado o indicativo. Desaparece como conxunción no século XV.

    -Pero que deixa de introduci-la concesión hipotética no século XIV e aumenta a súa relación co indicativo.

    -Pero pode utiliza-lo subxuntivo real no XIV pero non no XIII. Aumenta a súa versatilidade aínda que se reduce a súa presencia nos textos (quizais por estar especializado no verso). É, por excelencia, o nexo introductor das concesivas reais. Entre os dous séculos, xa que non rexistramos exemplos nos textos do XV, só aparecen 28 exemplos de concesivas hipotéticas.

    - Como quer que é desde o século XIII o nexo que pode expresa-la realidade e a hipótese tanto en subxuntivo coma en indicativo. En parte é esta versatilidade a que fai que estea vixente no século XV.

    - Ainda que é o único nexo que se especializa na utilización do subxontivo e na concesión hipotética.

    2. No século XIV prodúcese a apariciên de novos nexos: macar que e a como quer que. Isto pode estar motivado pola existencia de textos en prosa.

    3. O subxuntivo é, comparativamente, moito menos utilizado có indicativo. Ningún nexo chega a asociarse estreitamente a el. O contrario ocorre no portugués con pôsto que e ainda que(41).

    4. Mantense o esquema, Ind (Real), Subx (Real, Hipotético) ó longo dos tres séculos. Existen poucas restriccións á utilización do subxuntivo real.

    5. Partindo da "archetipycal concessive conjunction" (que responde ó esquema do punto anterior) definida por Algeo(42) vemos que tódalas conxuncións analizadas participan das características do "arquetipo", agás pero e pero que que nunca utilizan o subxuntivo Para expresa-la realidade.

    6. Non se pode comprobar no galego medieval que a pervivencia dun determinado nexo se deba á súa capacidade de utiliza-los dous modos. Tanto no século XIII coma no XIV hai unha relevancia destacada de certos nexos que, creo, está motivada por razóns de tipo literario.

APÉNDICE
Táboa resumo das ocorrencias dos nexos concesivos
NEXOSS.XIIIS.XIVS XVTotal
1 Pero170260196
2 Pero que46930139
3 Empero121022
4 Empero que319022
5 Macar724076
6 Macar que0606
7 Como quer que181104132
8 A comoquer que038139
9 Ainda que034034

II
Nexos, modalidade, número de ocorrencias
 NexosS.XIIIS.XIVS XV
 I.Real14330
1S.Real110
 S. Hip2620
 I. Real43930
2S. Real210
 S Hip100
 I. Real1190
3S. Real000
 S. Hip020
 I. Real 3170
4S.Real 000
 S. Hip020
 I. Real5900
5S.Real000
 S. Hip1340
 I.Real030
6S.Real0 10
 S. Hip020
 I Real1501
7S. Real2360
 S. Hip 5243
 I. Real 0260
8S. Real0111
 S.Hip010
 I.Real0 50
9S. Real060
 S. Hip0230


Volver