G97 axuda
 

¿Quen traballa neste espacio?
Galicia'97. Así funciona isto.

O especial Galicia'97 sobre as eleccións ó parlamento galego estará en funcionamento ata o 31 de outubro. Durante este tempo ofrecerase información puntual sobre a campaña electoral, un resumo das principais noticias publicadas nos medios de comunicación galegos e a axenda electoral dos partidos políticos, así como información xeral e institucional de todo o proceso electoral.

A portada dará conta diariamente das novidades, seccións ou colaboracións que se vaian incorporando en Galicia'97. Nesta mesma páxina aparecerán as principais novas que se produzan na campaña electoral.

A axenda de campaña informa diariamente das actividades electorais dos partidos políticos.

A sección Eleccións comentadas recolle artigos de persoeiros procedentes do mundo político e académico galego, que realizarán valoracións sobre a campaña electoral dende diferentes perspectivas.

A Enquisa en liña ofrece a posibilidade de votar por unha das opcións máis probables sobre quén gobernará Galicia os próximos catro anos e, simultaneamente, aparecerá o resultado global das votacións.

A sección Parlamento virtual constitúe unha aplicación que permite, partindo dos datos que os usuarios facilitedes, elaborar unha "cámara a medida".

No apartado Galicia e o seu Parlamento atoparedes unha información global sobre "Galicia" así como as súas principais institucións de autogoberno.

O 19-O e outras eleccións contén os resultados das últimas eleccións autonómicas e información institucional sobre as "eleccións" que se aveciñan.

O apartado Partidos, líderes e programas ofrece información dos principais "partidos políticos" que concorren a estas eleccións, o perfil biográfico dos seus candidatos e un cadro comparativo dos seus programas electorais.

Na Revista de prensa destacaranse diariamente as principais noticias publicadas nos medios de comunicación galegos sobre a campaña electoral.

O especial Galicia'97 tamén contará cunha edición en "lingua inglesa" dirixida ós usuarios e medios de comunicación de países de fala inglesa que queiran facer un seguimento desta campaña.

Esperamos contar coa vosa colaboración a través das actividades que vos propoñemos neste especial.


Volver á portada | Galicia e o seu parlamento | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa