G97

Chat

Chat con MARTIÑO SANTOS

Martiño Santos é o secretario xeral de Galiza Nova.

<xecas> ¿Como explicas que unha organizacion nacionalista teña o seu web aniñado nunha empresa andaluza (cando hai varias galegas, moi boas e económicas), co dominio .es de ESPAÑA e realizado por unha persoa que ten o seu website en castelán? ¿E unha mostra de inchorencia, de pragmatismo, de descoñecemento do medio ou un pouco de todo? En calquera caso, ¿como encaixa co lema "Porque nos interesa esta país"?
<Martinho> A explicación responde ás nosas posibilidades económicas.
A persoa que fai a nosa páxina tiña-a cedida de xeito gratuito e puxo-a a disposición de Galiza Nova. Por outra parte moi pouca xente dubida do compromiso lingüístico do BNG. O lema está en galego. Porque nos interesa este País é galego.Ou non?
<Moderador> Como norma agradeceríamos que fixesedes preguntas curtas e unha só.
<Xose> Fraga está facendo un chamamento á xuventude para que procreen, é este o problema de despoboamento de Galicia?
<Martinho> O problema é ver quen se atreve hoxe a ter fillos cun 40% de desemprego xuvenil. Se lles dese de comer Manuela López Besteiro,outro galo cantaria. De todos os xeitos esa é a concepción opusiana da natalidade que ten o PP.
<vhasil> Porque as asociacións estudiantís funcionan tan mal? Porque son só correas de transmisión de certas forzas? Que lexitimade teñen se só vota un 20 % do alumnado na universidade?
<Martinho> Quizais porque non se promove a participación do estudantado. O ensino está orientado cada dia máis de xeito elitista. Calquera estudante cun mínimo de conciencia social pode comprobar o espíritu competitivo que se inocula no sistema educativo. Así e todo,creo que ti e mais eu coñecemos logros importantes resultantes das reivindicacións estudantis.Só hai que mirar para Vigo estes dias.
<Xose> A utilización do galego no ensino aínda é moi irregular, cres que sería válido un modelo de ensino como o das Ikastolas no País Vasco?
<Martinho> Creo que será válido, en primeiro lugar, aplicar a lexislación que existe na actualidade sobre normalización lingüística no ensino. En Galiza existen mellores condicións que no País Vasco para recuperar o uso do idioma.Non hai que importar modelos. Existe un plano de normalización elaborado por organizacións pedagóxicas,sindicatos, etc hai anos, que o BNG ten a vontade de implantar progresivamente.É cuestión de vontade política e de entender o galego como o noso único idioma próprio.
<vieiros> ¿Nin siquera o modelo de inmersion linguistica?
<Martinho> Nesa liña temos que avanzar progresivamente.Un proceso histórico de mais de 500 anos non se invirte en dous dias. Pero se se poidese,tamén o fariamos.
<mario> Pero cres que o BNG aguantaría o custo político que suporía chegar a un modelo de inmersión lingüística?
<Martinho> Se aguantamos unha entrevista por INTERNET,aguantamos todo.
<Ana> ¿Como explicas que a presencia das mulleres en postos de saída sexa tan escasa nas listas do BNG?
<Martinho> Non coincido con esa percepción. Es efoi precisamente un dos critérios utilizados con prioridade.
<Xose> O problema da vivenda para a xuventude continua a ser a asignatura pendente dos partidos políticos, Como afrontará este reto o BNG?
<Martinho> Primeiro, atacando a raiz do problema, a especulación urbanística. A maiores,contemplan-se medidas concretas para a mocidade como a asinatura de convénios entre a Xunta e as entidades bancárias para facilitar cretos blandos á mocidade. Outras medidas refiren-se á promocion de construcción de vivendas de tipoloxia acorde ás necesidades da xente nova, con menor superfície e menor custe. Non se esquece tampouco o compromiso de incrementar o numero de prazas de residencias universitarias.Hai mais.
<Legazpi> Martinho, hoxe en dia algúns...ou muitos ensinantes están a practicar eles mesmos o pasotismo.Non se reciclan, só saben agardar o dia da nomina, non teñen inquedanza dos mais novos (10-14 anos) e son funcionarios mais ca "maestros".Como arreglariades vós este problema..?
<Martinho> Apostando pola reciclaxe do profesorado,con formacion continua e renovacion de metodos pedagoxicos
<xecas> A pregunta era como encaixa utilizar empresas de fóra e dicir que nos interesa este pais. Noutras palabras, segundo a vosa lóxica económica debemos mercar leite holandés. ¿Que o BNG estea nun provedor de fóra é tamen por cuestións economicas?
<Martinho> A nosa lóxica económica aposta pola produccion deste País. Seguramente o descoñecimento do medio levou ao BNG a utilizar ese recurso.Dade caña para que se corrixa nun futuro INMEDIATO
<Mario> Realmente, e tal como vai o PSOE e a súa coalición, poden muda-las cousas despois do 19?
<Martinho> É o PSOE quen o esta poñendo mais dificil. Precisamente por iso conven un maior crecimento do BNG. Eu creo que si. E a maioria da sociedade nunca viu tantas posibilidades.
<Xose> En que consiste o plano de orientación sexual que propón o BNG?
<Martinho> En introducir contidos sobre informacion e formacion sexual no ensino, apostar por manter o Centro Xove de Sexualidade e Anticonceicion que clausurou o governo español polo ditame desfavorabel da Xunta e en contribuir a un desfrute das relacions sexuais sen os roles actuais baixando ademais as alarmantes cifras de embarazos non desexados.
<Ana> ¿Cales son nestes momentos as relacións de Galiza Nova coas organizacións xuvenís da coalición que ecabeza o PSOE? Máis fluídas que entre o PSOE e o BNG?
<Martinho> Son as relacions de duas organizacion s xuvenis integradas en duas forzas politicas que se apresentan a unhas eleicions con programas diferenciados. A diferencia é que Galiza Nova actua no movimento xuvenil galego,e de Xuventudes pouco se sabe.
<Legazpi> (sobor dos ensinantes e unha vez que recoñeceches o problema):As túas verbas "tecnicas" podelas traducir en feitos -puntuais e concretos- aínda que soó sexa un...(queroche pedir a contestación nun linguaxe mais da rúa, non "técnico-politico")
<Martinho> A pricipal medida programática neste sentido é a de facer un Plano Galego de Formacion do Profesorado descentralizado e rotatorio polas comarcas, para garantir a todos e todas a mesma oferta e posibilidades.
<xecas> No web do BNG non contestan ós e-mails :-)))) Cambiando de tercio, ¿unha campaña tan presidencialista e nun ton tan "serio" non pode acabar desmotivando á mocidade?
<Martinho> Do que se trata é de actualizar ao profesorado en novas areas de coñecimento, con actividades de formacion que teñan unha aplicacion practica.
<xecas> No web do BNG non contestan os e-mails :-)))) Cambiando de tercio, ¿unha campanha tan presidencialista e nun ton tan "serio" non pode acabar desmotivando a mocidade?
<Martinho> Á mocidade gosta-lle a carallada, pero non é unha carallada. O BNG ten gañado o apoio da inmensa maioria da mocidade polo seu traballo politico e institucional. Non por organizar concertos ou convidar a cubatas.
<Xose> Beiras falou hai uns días sobre a necesidade de manter relacións con partidos coma o PNV. Únevos algo ideoo óxicamente coas xuventudes do PNV ou CiU?
<Martinho> Non mantemos relacions organicas con estas organizacions. Calquer tipo de contactoou relacion futura seria sempre en beneficio da mocidade galega, por exempl opara apresentar iniciativas conxuntas sobre xuventude no Congreso dos Deputados. Se ademais descobrimos coincidencias ideoloxicas,mellor que mellor.
<Vieiros> Abriria o BNG un debate nacional sobre a industria dos contidos semellante ao que se esta realizando en Portugal ou ao que fixeron no Quebec ou pola contra xa ten perfilada a súa politica nesta materia?
<Martinho> Aclara o da industria dos contidos.
<vieiros> Home, pois a industria que crea/xera contidos nas novas tecnoloxias multimedia
<Martinho> Dos contidos ou de contidos semellantes? Abrirá un debate proprio.
<mario> Que medidas reais se propoñen desde o BNG para a insumisión? Se se chega gobernar xa non abondará con manifestacións e declaracións?
<Martinho> O BNG xa ten apresentado iniciativas para reformar a actual Lei de Obxeccion de Conciencia de cara ao recoñecimento PLENO deste direito e para despenalizar a insubmision. Outra cousa é que,como sabes, iso non o pode facer a Xunta nen o Parlamento de Galiza. O obxectivo é promover as alternativas ao Servizo Militar para que os mozos galegos non participen no exercito español.
<Ana> ¿Cales son as liñas de actuacion do BNG e Galiza Nova a respecto do retorno/contaco dos/cos emigrantes e dos emigrantes retornados?
<Martinho> Primeiro.Criar as condicions socio-economicas en Galiza para que pare a emigracion e para que poidan retornar os/as que estean en disposicion de face-lo. Criar mecanismos transparentes,etc.. non caciquis, vaia, para as axudas que se dan ao abeiro da Lei do Recoñecimento da Galeguidade. Fomento de proxectos empresariais ou autonomos para os que desexen retornar.
<Xose> Non crees que é unha contradicción que os concellos do BNG recurran ós obxetores como man de obra barata?
<Martinho> Os concellos do BNG recurren aos obxectores para que non fagan a mili. Como explicas ti que a maior parte das solicitudes de obxeccion vaian dirixidas aos concellos do BNG? Dou-che un dado.Neste ano en Corcubión non se alistou ningún mozo no exercito.
<Legazpi> Sobor dos problemas dos transportistas de mercadurias...entre eles o principal: -que non lles pagan as tarifas obrigatorias- ¿como solucionariades esto? ¿intervención ou liberalización?
<Martinho> Teño que recoñecer que non son un experto no tema. Con diálogo con eles e negociacion.
<Vieiros> ¿A que causas cres que é debido que a mocidade participe máis nas ONGs que nas organizacions xuvenís actuantes en Galicia? E ó dicir xuvenís refirome ás partidarias
<Martinho> As organizacións nas que máis participa a mocidade son de caracter deportivo e cultural.
<Mario> Volvendo á lingua, cun goberno do BNG sería posible a tan necesaria concordia normativa?
<Martinho> Seria unha obriga,e é un compromiso necesario.
<Xose> Pero non estás de acordo con que facer a obxección é traballar gratis, sexa para quen sexa?
<Martinho> Estou dacordo con que a lei -que non a promulgou o BNG- é inxusta. Estou dacordo con que os concellos do BNG utilizan como criterio para coller prestacionistas,non substituir postos de traballo que se cubririan doutro xeito. Estou dacordo con que os mozos galegos non teñan que facer a mili. E estou dacordo con eliminar a mili e a PSS.
<Xecas> Home, se os cubatas dos que falabas son libres e sen coca-cola e os concertos de rock Bravu:-)))))) ¿Como analizades o fenomeno Riazor Blues, Celtarras,Xuventudes Celestes Grei....e non me refiro á reivindicacion da seleccion galega, senón coma fenomeno sociolóxico?
<Martinho> Como un fenomeno interesante que non se move nas coordenadas do resto do Estado:ultradereita., senón en coordenadas nacionalistas.
<Ana> ¿Como valoras a experiencia do BNG e de Galiza Nova utilizando a Internet nesta campaña?
<Martinho> Carezo ainda de dados para facer unha valoracion completa. Pero so por poder "falar" connvosco, xa me esta "justando".
<Xose> Martinho, tes algún mitin hoxe? o digo por non abusar do teu tempo?
<Martinho> Si,en Frades.
<Moderador> Vas ser o seguinte Conselleiro de Xuventude ou prefires outra consellería .)))
<Martinho> Prefiro outra,a Consellaria de INTERNET.
<Moderador> Vale. Unha aperta e gracias polas túas contestacións
<Martinho> Gracias a vós,e ate cando queirades. Non vos esquezades de votar ao BNG.
<Xose> Agradecemos a colaboración de Martinho e a todos os que interviñeron. Anunciámosvos que mañán Galicia 97 organiza un chat ás catro da tarde co presidente de Nuevas Generciones de Galicia, Joaquín Muñoz. Gracias


Volver á portada | Galicia e o seu parlamento | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa