 |

Chat con XESÚS DÍAZ
Xesús Díaz é o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia.
<vieiros> Boas tardes, Suso
<Suso> Como nos encontramos hoxe?, sinto moito o retraso, :-)
<Xose> Benvidos ó chat con Xesús Díaz.
Lembrade que para formular as preguntas ó noso convidado é
necesario pedir previamente a palabra ó moderador. Gracias a todos.
<Suso> De acordo, espero preguntas.
<vieiros> ¿Como afronta XX.SS esta campaña despois
dos problemas internos xurdidos no seo desta organización?
<Suso> Recoñecemos que as X.S.G. saíron recentemente
dunha grave crise, pero esto é normal nunha organizacion de esquerdas
que evoluciona e continuamente busca o seu espacio político. Nós
plantexamos o noso apoio á Coalicion tendo en conta que esta asume
como seu o noso programa da mocidade, pero as X.S.G prestan o seu apoio
a un xeito de gobernar e esta ten que darse despois do 19 de outubro, senón
estaremos en frente sexa quen sexa o partido que goberne.
<Xose> Crees que o galego como idioma está sendo esquecido
pola xuventude?
<Suso> Non, ó contrario, cada dia hai máis galego
falantes, e de feito en Galicia ceemos que somos a nacionalidade histórica
onde menos problemas lingüísticos temos, pero cecais a sensacion
de que o galego segue a ser unha lingua secundaria percibeo xeramente por
si mesmo, ou polo entorno no que vive non esta en contacto ca realidade
<Xecas> A crise aberta no seo das XX.SS semellaba unha confrontación
entre unha tendencia que pretendia aforta-la lo carácter de forza
politica propia e outra de obediencia estatal. Cal é o espacio politico
en que se encadran as XX.SS? Forza politica galega ou de ambito estatal?
<Suso_Diaz> As X.S.G é unha organzación por e
para Galicia, cun proxecto nacional dentro das X.S.G encontranse todos os
militantes de tódalas sensibilidades do xove socialismo galego
<Mario> Cres realmente que a xuventude pode apoiar un goberno
do PSOE despois dos últimos doce anos e sabendo como o fixo?
<Suso_Diaz> Foron catorce, de logros sociais, nembargargantes
temos na mente os timos do goberno Fraga como organización de esquerdas
comprometida coa transformación da sociedade, construír un
futuro mellor ,era necesario un ensino publico para todos?, pero ... funciona
o actual modelo da Xunta? queremos unha sanidade universal, pública
e gratuíta ... pero iso está representado polo SERGAS?
<Xose> Estades mantendo relacións coas xuventudes do
resto dos partidos da coalición?
<Suso_Diaz> Si.
<Ana> ¿Como valorades dende as XX.SS o feito de que
tres organizacions da esquerda conflúan nunha coalición electoral
para derrotar a dereita? ¿Como cres que vai repercutir na mocidade?
<Suso_Diaz> Esta forma de traballo é unha aposta polo
proxecto global de esquerdas para Galicia frente ós intereses artidistas.
Xa non son as xuventudes socialistas as que contan, conta a nosa capacidade
indiviudal de asimilar a nova sociedade galega. Repercutirá moi positivamente,
posto que é un proxecto ilusionante
<Xose> Non paran de chegar políticos do resto do Estado,
e non precisamente xoves, Non cres que esta campaña debería
ser máis galega?
<Suso_Diaz> Pode ser posible, pero a nosa realidade non acaba
no Bierzo, Galicia é un pobo máis no proxecto de Europa
<vieiros> En grandes liñas, cal é a politica
da coalición ante o reto que para a sociedade galega supoñen
as novas tecnoloxías da información? Por que a coalicion non
utiliza a Internet como medio na sua campaña electoral?
<Suso_Diaz> As Xuventudes Socialistas de Galcia non poden falar
pola coalición pero os que coñecen a realidade galega saben
que en moitos lugares de Galicia nen sequera chega o teléfono público,
o impacto das novas tecnoloxías en Galicia acentúa a diferencia
entre o Urban e o Rural e entre os que poden pagalo e os que non, e o noso
proxecto debe chegar a todos os mozos e as mozas e non só a un grupo.
Nembargantes, as X.S.G. posúen unha áaxina WEB na que se expón
a nosa vision política da realidade galega, e as nosas propostas
sobre canda un dos temas que se trata.
<Julio> Que pensas da campaña que está a facer
Caballero, sobre todo co eslogan tan persoalista que máis parece
dunha campaña do Sindicato Vertical?
<Suso_Diaz> Eu creo que Momento de Avanzar non é un
eslogan personalista, paréceme que é moito máis personalista
facerse un liftin informático (novas tecnoloxías :-)) para
saír guapo na foto alguén que ten máis experiencia
en sindicatos verticales polo seu pasado Falanxista
<Ana> ¿A que atribúes a diminución ostensible
de candidatas con posibilidades de ocupar escanos? ¿Será que,
Manquinha dixit, falla o concepto do concepto ou que, seguindo con Airbag,
a profesionalidade é cousa de homes? :-))))
<Suso_Diaz> É fundamental que sexamos capaces de involucar
ás mulleres na política activa, para que este tipo de situación
se corrixa, a muller esta conquistando o seu lugar en tódolos campos
da sociedade pero é importante que esto teña tamen un reflexo
na vida politíca, debido ó seu empuxe, e non a unha política
de cuotas que o que fai é maquillar unha realidade triste dos partidos
politicos. Está claro que esto coa actual xestión da Conselleira
de Xuventude, Muller, Familia e Sección Femenina non se pode conseguir.
Nós confiamos en que os novos tempos que se aveciñan cambien
radicalmente esta situación.
<Xose> En Galicia, as universidades estanse espallando por
todo o país, creando facultades e facultades en tódalas cidades
galegas, Non é isto excesivo?
<Suso_Diaz> Completamente de acordo, neste momento o mapa universitario
galego está feito cos pés, unicamente guiado polos intereses
localistas. Hai tempo que perderon o horizonte do que é realmente
unha universidade. É pública a nosa posición sobre
este tema, cremos que non se poden duplicar máis titulacións,
e que ninguha titulación máis sen que antes non se faga unha
adecuación da globalidade do sistema educativo galego, empezando
dende abaixo, é dicir, mellorando a formacion profesional, adecuando
os estudios á realidade das comarcas, dotando a cada municipio co
seu centro de ensino medio, potenciando as alternativas a universidade.
Podes consultar a nosa postura na nosa paxina WEB
<Mario> Sera posible un goberno progresista despois do 19 ou
teremos que aprender a vivir cun goberno en minoría do PP?
<Suso_Diaz> As X.S.G traballan por un goberno progresista,
de esquerdas, onde se coñezan tódalas siglas e nós
non estamos dispostos a aprender a vivir co Partido Peligroso
<Raulazo> Non o sei, pero seguramente no PP non terán
apartado xuvenil, dígoo polo cartel do Sr. Fraga, ó mellor
abandera o sector xuvenil tamén.
<Suso_Diaz> É certo que a xeración dos políticos
que hoxe gobernan xa non é a nosa, e por eso non nos sentimos representados
polo Sr. Fraga, ou outros, está claro que o liftin informático
non debe ser suficiente :-))))))
<Julio> Volvendo ó eslogan refírome ó
de "No permitiré que Galicia quede atrás".
<Suso_Diaz> Eu tampouco estou disposto a permitir que quede
atras, e ti?
<Xecas> Unha curiosidade, Cal é o URL do voso web? Na
anterior etapa XX.SS tivo unha posición moi activa a prol da defensa
do uso do galego. Seguirá mantendo a mesma liña? Como se compaxina
a defensa do galego con publicidade en castelán ou coa belixerancia
contra a nosa toponimia do Secretario Xeral do PSdG-PSOE? Pedirán
as XX.SS a demision do Secretario Xeral, Paco Vazquez, se a coalicion é
superada polo BNG ou retrocede en votos e escanos?
<Suso_Diaz> Sobre a URL non che podo respostar de memoria,
pero esta aloxada en WWW.GEOCITIES.COM/CAPTIOLHILL. Comprometémonos
a comunicárvola na proxima charla. En canto á postura sobre
o Galego, e sobre a toponimia, a realidade supera as posicións de
quen vai contra corriente, a pesar de que ás veces deste modo se
cometen aberracions tanto nunha dirección como na outra. Sobre o
asunto das demisións non cremos nesa posibilidade, a Calicion ten
vocacion de governo, cremos que vai a ser a opcion de esquerdas mais votada,
e que Abel Caballero formara goberno.
<mario> Non cres que é máis atractiva para os
xoves unha opción como a do BNG que nunca gobernou?
<Suso_Diaz> Carlos Mella, militante do Bloque, foi vicepresidente
da Xunta co goberno de Xerardo Fernandez Albor, (AP) polo que o Bloque dun
xeito ou outro xa gobernou. Á marxe das modas, está a ideoloxía
profunda e incluso os valores eticos persoais, que nos sitúan cunha
opción nacionalista,independentista, socialista, de dereitas, ....
o problema é cando o marqueting confunde a ideoloxía e os
seus principios básicos, o que hoxe fai que algúns partidos
escollan un eslogan que pode estar perfentamente en castelán "Porque
nos interesa este pais" fará que moitos mozos e mozas digan
"esto non é o que parecía"
<Julio> Non se trata de permitilo...hai que facelo, porque
o dia 20 as promesas e os eslogans leva-os o vento...como sempre
<Suso_Diaz> Completamente de acordo, espero que esteas con
nós se despois do 20 non se fan políticas de esquerda.
<vieiros> As ultimas mensaxes da coalicion (non confiedes nas
enquisas, facer fincapé no currículo académico de Abel
Caballero, etc) dan a sensacion de certo derrotismo na recta final da campaña.
¿E a influencia da opinion publicada?
<Suso_Diaz> Sabemos como é a xente en Galicia, e por
experiencia, as enquisas en Galcia non funcionan demasiado ben, de feito
ultimamente en toda Europa as enquisas parece que as fan a ollo :-)))))))
<Ana> Realmente tes razon en que as fan a ollo e sempre cun
só porque se lles ve a cor. Agora ben, non cres que o ton da campaña,
excesivamente presidencialista, pode provocar a desmotivacion dos xoves
a hora de votar
<Suso_Diaz> Pode ser, pero nós esperamos que o efecto
sexa todo o contrario. Os xoves teñen que tomar as rendas, e para
eso teñen que acercarse masivamente á politica. Esta é
unha oportunidade única para que a nosa xeración deixe de
ser unha xeración pasota.
<Mario> Sen entrar en polémicas pero o lema do Bloque
está tan en galego como o voso (Momento de avanzar) pode estar en
castelán. Vós tamén xogades ó mesmo, non cres?
<Suso_Diaz> Eu creo que eles estan traicionando a súa
ideoloxía e nós por contra nunca puxemos a patria por riba
dos avances sociales.
<Xecas> ¿Cal será a influencia ou sobre que incidirán
as XX.SS nun hipotético goberno encabezado pola coalición
ou de coalición entre o BNG e a coalición?
<Suso_Diaz> Velaremos para que se cumpran os nosos compromisos
programáticos e adoptados pola coalición en materia de xuventude,
... e senón, sexa quen sexa o que governe ... nós faremos
oposicion nas rúas. Estamos encantados de ter falado con vós,
e sinto ter que deixarvos, despedimonos de vós ata a próxima
cun xove saúdo socialista, saúde.
<Moderador> Gracias, o invitado ten que marchar.
<Xose> Agradecemos o tempo que Xesús Díaz nos
adicou neste medio, ás veces esquecido dende os partidos políticos.
Volver á portada | Galicia e o seu parlamento | 19-O e outras eleccións | Partidos,
líderes e programas | Revista de prensa |