Galego, lingua propia de Galicia. O galego pertence ó grupo das linguas románicas, producto da evolución do latín implantado polos romanos no noroeste da Península Ibérica, con aportes dos pobos aquí instalados antes da colonización, ademais das contribucións das linguas
superpostas ó latín galaico trala fragmentación do
Imperio Romano.
Os límites xeográficos da nosa lingua veñen conformados pola Comunidade Autónoma de Galicia e as áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora.
A lingua propia de Galicia atravesou ó longo da súa historia
por diferentes circunstancias que afectaron ó seu emprego como lingua normal de comunicación.
Relegada a súa utilización ós ámbitos informais, o noso idioma sobreviviu ó devir dos tempos ata hoxe en que, parello á recuperación das institucións de autogoberno, o galego volveu acadar, xunto co castelán, o status de lingua oficial de Galicia.As institucións de autogoberno
Volver á portada | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa | Vieiros