Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



Consegue o 81,82%

A falta do 10% por escrutar, o MPLA confirma a súa vitoria electoral en Angola

10:30 - Os observadores internacionais consideran que as "anomalías" rexistradas non interferiron no resultado, que se fixo de "forma transparente e libre".

GUSTAVO NIEVES, ATLETA PARALÍMPICO

"Cómpre facer máis profesional o deporte paralímpico"

12:00 - Oito anos despois dos seus primeiros Xogos, o de Vilalba volve á grande cita do deporte, onde correrá os 5.000 e os 10.000 metros lisos.

MEDIO RURAL

Abandono das explotacións leiteiras: en Portugal como na Galiza

12:15 - No país veciño o número de granxas pasou de 60 mil a 15 mil en dez anos, un descenso que se acentúa sobre todo nas pequenas e medianas.

ESTÁ GARANTIDO O USO EFICIENTE DOS FONDOS PÚBLICOS?

Empresas foráneas foxen logo de espremer plans europeos

19

10:00 07/09/2008 - A compañía mexicana Vitro Cristalglass abandona Cerceda despois de recibir 650 mil euros do Plan Miner en 2003 por un proxecto que nunca cumpriu totalmente.

SE A CITA É DE DELEGADOS

Os sectores críticos do BNG non acudirán á Asemblea Nacional de outubro

29

14:45 07/09/2008 - Encontro Irmandiño e Movemento pola Base consideran que o proceso non oferece suficientes “garantías democráticas”.

XAN FORTE, DE FUXAN OS VENTOS

"O panorama da música do país hai trinta anos non ten nada que ver co de agora"

3

12:30 07/09/2008 - Oito meses de preparación serviron para que o senlleiro grupo musical Fuxan os Ventos volva pisar as táboas este outono.

Recluídas en templos

O Nepal recoñece o dereito das 'nenas deusas' a iren á escola

13:30 07/09/2008 - A metade das crianzas do país non teñen acceso á educación formal, e miles de adolescentes acaban prostituíndose na India.

UNIVERSIDADE DA PROVENZA

Investigadores descobren que os pobos romanizados son máis sensíbeis ao VIH

6

10:45 07/09/2008 - Os científicos descubriron que un xene que protexe da infección practicamente non existe nas áreas que formaron parte do Imperio Romano máis tempo.

ECONOMÍA

A crise chega á Igrexa, que opta por saír da bolsa

3

11:00 07/09/2008 - A súa maior firma de investimentos, Umasges, vén de ser disolta. O clero opta por unha política económica máis conservadora.

ALFONSO BLANCO TORRADO

"Aínda estamos moi en débeda con Manuel María"

1

13:15 06/09/2008 - O presidente da Asociación Cultural Xermolos fala dos actos que están a preparar para conmemorar o cuarto cabodano do poeta chairego.

CRISE ECONÓMICA

Touriño adianta que os orzamentos para 2009 serán “austeros”

8

15:10 06/09/2008 - O presidente da Xunta asegurou este sábado que a aposta polos sectores produtivos e as políticas sociais serán o cerne das vindeiras contas.







Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego xornal pontevedra



Outros canais


Capa do libro

Presentan o libro 'La Directiva del retorno. El fantasma de la xenofobia recorre Europa'

O Ministerio do Poder Popular para a Comunicación e Información (Minci), en coordinación co Ministerio do Poder Popular para a Cultura, presentou onte mércores 27 de agosto en Barcelona, estado Anzoátegui, o libro La Directiva de Retorno: El fantasma de la xenofobia recorre Europa, compilado por Mariadela Linares.