Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial

As campañas electorais

As bandas sonoras

AS CANCIÓNS DE CADA PARTIDO

Banda sonora para unhas eleccións

Se os comicios fosen un 'top' musical, pelexarían polo 'número un' Xoel López, Los Limones e Berrogüetto.


Afixémonos xa a ver ao candidato subir ao estrado do mitin acompañado dunha canción, unha sintonía identificativa do seu partido, a mesma que percorre as rúas en coches e altofalantes, e que completa os spots electorais. Cada partido ten a súa, con letra, sen ela, canción orixinal ou versión, algunha empregada dende hai anos e outras creadas para a ocasión.


Achegámoslles unha escolma de bandas sonoras en campaña
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.