12:00 10/10/2008 - O xurado do premio recoñece o traballo diplomático do finlandés, quen fora enviado especial da ONU para os Balcáns.
14:00 10/10/2008 - A xuntanza de parlamentarios estatais do PP en Galiza e a presión da prensa conservadora española enlean as declaracións cruzadas desde o partido.
13:30 10/10/2008 - A escollida é a súa ministra-chefe da Casa Civil, Dilma Rousseff. O presidente brasileiro vai defender a súa elección ante o Partido dos Traballadores.
María do Cebreiro, Xiana Arias e Fernando Cabo, na presentación do libro
11:00 10/10/2008 - Vén de presentar 'Cuarto de Outono' e en novembro verá a luz 'Non son de aquí', previo á publicación dun disco a partir dos seus poemas.
14:00 10/10/2008 - Un hipotético Galiza-Chile está no aire. As negociacións aínda non están pechadas, aseguran dende a Xunta; porén, a prensa chilena dáo por feito.
18:45 10/10/2008 - En só tres meses perderan case catro mil millóns de euros, burato que tapou o goberno estadounidense. Un congresista demócrata denuncia agora os detalles da festa coa que o celebraron....
09:30 10/10/2008 - O certame ten 114 filmes na súa sección oficial, e proxectará un total de trecentas películas entre o 11 e o 18 de outubro.
13:30 10/10/2008 - Recolle cancións de 18 bandas, percorrendo todos os estilos, para amosar en Cataluña a máis recente creación musical galega.
11:15 10/10/2008 - Amnistía Internacional reclama a todos os países unha resolución ante a ONU que impulse definitivamente unha moratoria universal da pena de morte.
18:00 10/10/2008 - O estudo avoga pola reforma da lexislación en materia pesqueira e calcula en 36,4 millóns de euros as perdas derivadas dunha mala xestión.
12:00 10/10/2008 - Asinado por máis de 50 xuristas, avoga pola abolición deste tipo de penas, ante a preocupación polos xuízos continuos a persoas relacionadas coa queima de imaxes dos reis.

O Deportivo enfrontarase ao Elche, mentres que os vigueses buscarán o pase fronte ao Espanyol de Barcelona.

O ano que vén expertos do Centro Mundial del Patrimonio viaxarán a Compostela para analizalo, antes de que a entidade do patrimonio mundial se pronuncie.

Presentáronse en Barcelona varios dos proxectos de ONG e institucións que aproveitan as posibilidades do software.

Segundo Emilio Pérez Touriño, non se descarta empregar esta ferramenta nas circunstancias económicas actuais, posibilidade sobre a que a Xunta decide estes días.

Unha mostra que presenta dun xeito ameno e didáctico a vida e obra do poeta de Celanova.

O colectivo láiase de que aeroportos galegos fosen usados no traslado de detidos cara a Guantánamo e pide que sexan declarados "zonas libres de violacións de dereitos humanos"....

Non se autorizarán mensaxes que destaquen logros de xestión nin obxectivos acadados e esixiráselles ás administracións unha memoria anual onde se detallen todas as campañas e o seu custo. A Xunta...

O 95% do importe, a xuro cero, destinarase a estender a banda larga e o resto a aumentar a cobertura da TDT.
O convenio unifica e simplifica a forma de escribir nos oito países que comparten lingua oficial. Os portugueses protestaron, porque muda un 2 por cento o seu léxico.
"Non fica demostrado" que o rexedor incorrese nun delito de "desobediencia" ou de "prevaricación".
Durante o acto con motivo á celebración do terceiro aniversario do Programa Nacional de Medicamento Integral Comunitaria, o presidente venezuelano, Hugo Chávez, indicou que o Estado venezuelano outorgará a condecoración Simón Bolívar "a cada un dos cinco heroes cubanos presos en Estados Unidos".
O servizo de asesoramento lingüístico do compostelán Colexio de Avogados inaugura un glosario en rede para a resolución de dúbidas sobre terminoloxía neste ámbito.