Estamos a día 3 de febreiro de 1999 e o ánimo dos
internautas segue encrespado. O novo sistema de acceso a Internet de
Telefónica, Infovía
Plus, non funciona como se esperaba: lentitude extrema nas
conexións, colapsos na rede, os nodos locais caen con
facilidade, dificultade para conectar con computadores con sistemas
operativos "raros" coma MacOs ou Windows 3.0. En definitiva, un caos.
Así que, chegado a este punto, decidimos facer un especial
onde se poida consultar todo o acontecido ata o de agora con
Infovía Plus e coas protestas dos internautas, achegaremos
novas noticias sobre o tema e ofreceremos tódalas
ligazóns necesarias para ampliar información.
Tamén, por suposto, abriremos o especial aos lectores cun foro
para que opinen. E falarán os proveedores galegos, outro
sector seriamente afectado polos problemas que causa
Telefónica.
Outros enderezos interesantes para saber máis deste
tema:
|  |
| ENQUISA |
Resultados da enquisa Que pensa de Infovía Plus?
- É mellor ca Infovía: 12 votos (5%)
- Son de semellante calidade: 13 votos (5%)
- É aínda peor cá vella Infovía: 105 votos (40%)
- Eu cambiaría de operadora: 132 votos (50%) |
| FORO |
|
Vieiros reabre os seus
foros de
discusión. Anímate a participar neles e cóntanos que pensas de infovía plus
|
 |